aCadaCanto [videoclip]

Contra un rechazo, unha acollida: Outro peito que agarima, bicos de menta, abrazos tan longos que medran glicinias.

ACADACANTO AS CANCIÓNS “TOMAN O MANDO DO MUNDO
E CÁNTANLLE PARA QUE SIGA VIRANDO.
ACADACANTO AS NAOS QUE GUÍAN OS ASTROS XUNTAN OS MASTROS
E OS VERSOS E AS COPLAS VANAS TRIPULANDO.
ACADACANTO OS ENCONTROS NO VENTO QUE FORON PASANDO
ATÓPANSE MAÑÁ PARA SEGUIREN CANTANDO…”

Tamén en vimeo

Imaxe

a curva

Pésanche as pálpebras e pechas os ollos. Só uns segundos e todos os significados quedan onda as preguntas. Xa non máis oquedades no peito, nin sentirte perro verde. O baldeiro será definitivo e a [puta] paz, infinita.
Grazas á adrenalina celebras que vives. E que che importa non saber nin o día en que naciches? tampouco saberás o día en que morras.

estrela de chan

Pescudo polo ceo á procura de estrelas fugaces, xogar a pedir desexos. A noite está clara, fresquiña. A os meus pés algo brila na escuridade, un punto de luz entre as petunias, unha estreliña de chan, un lucecú, un vagalume, nesta noite das perseidas.

o peizoque de dores [videoclip]

O peizoque canso
reconta feliz
as palabras todas
antes de ir durmir

Videoclip resumo da presentación do libro de Dores Tembrás “o peizoque Roque”, un libro para nenos [grandes e pequenos] con ilustracións de Xosé Tomás, editado por Galaxia.

Tamén en Vimeo (HD)

[O libro leva unha dedicatoria:
“De Romeu, que llo aprenderá a Duarte.
E para Ledicia, Nerea, Mateo e Lino”]

Na cara de Dores, tamén se pode ler.

Imaxe

vértice xeodésico

Unha noite de verán vin a lúa chea a cabalo do Picosacro. Entroume morriña de que-sei-eu e esa nostalxia que lle entra á xente que vai por aí mirando os picos dos montes que apuntan á lúa.

lua (15)

san xoan na coruña: a noite meiga [videoclip]

Salto por riba do lume de San Xoán para que non me trabe cobra nin can.

En HD Vimeo

En Youtube