black and blue

Black and Blue (Louis Armstrong)
http://www.fileden.com/files/2012/5/19/3306295/Black%20and%20blue%20-%20louis%20armstrong%20Album%20-%20SATCH%20PLAYS%20FATS.mp3″

Old empty bed… springs hard as lead
Feel like ol’ Ned… wished I was dead
What did I do… to be so black and blue”

A pel que habitamos, a barreira que nos delimita. O tacto é o único xeito de atravesala.

Algunhas peles abren os seus poros polas noites, como esas flores que emiten aromas intensos para atraer os insectos nocturnos.

Imaxe

extemporáneo


Aínda Xa non é o tempo das cereixas.

Imaxe

mans

Os camiños avultados das veas. A feitura dos dedos. As xemas, as unllas, os cotelos. Os poros, os pregues. As palmas. A pel: cor, humidade, temperatura, tacto, a súa xeografía parcelada. Os movimentos cos que se expresan. A vida independente da que gozan. O seu contacto comigo.
Recoñezo as mans das persoas que quero, tanto coma as súas caras. E quedan gardadas na miña memoria.

A man de Carlos

Imaxe

a primavera vólvenos cursis

Que ben lle acae a primavera ás maceiras. Vóanlle as flores coma bolboretas brancas.

Imaxe

another brick in the wall

[…] e alguén que non existe me recobre
coa miña errada história
e todo o que perdín e nunca tiven.

(Pilar Pallarés)

Imaxe

simboloxías


Así estarán hoxe as rosas do 14 de febreiro.