encaixar

Vas camiño abaixo, batendo as chinelas contra os pés, seguindo a túa sombra. Adiviñas os buratos dos carballos onde esculcan as curuxas, polas noites. Miras a vella liña azul dos montes, que enmarcan a paisaxe nova. E comprendes que volves a encadrar nela.

 

Imaxe

picacereixas

a bubela que se pousou no valo da eira

– Mira!, que paxaro tan raro será ese?
Era un ouriol, picacereixas, papafigos, unha oropéndola femia que, sin ser tan vistosa coma o macho, tamén é preciosa e moi rara de ver. Tamén vin unha parella de bubelas e  un coello pequeno que atravesou a estrada a brinquiños.
Dixeches: xa tes para un post.
Rite, pero

Coa fascinación abonda.

Este arquivo sonoro  é un tesouro para quen goza aprendendo a distinguir o canto dos paxaros.

Imaxe

contraste

Chegoume o teu SMS en Ribadavia. Tardei un momento en entendelo, tan lonxe da morte o meu pensamento. [Inda no padal o Ribeiro, un son, un arrecendo, unha enredadeira subindo polo peito] O frío da morte acentuou o calor dese ardente día de outono, da luz, da beleza regalada.
Á noite chameite outra vez, pero nada. Quisiera envolverte, enviarte algo de energía positiva. “Sólo si puedo tocarle, si lo sientas a mi lado”. Case esgano co bolo egoísta na gorxa. Enganchándome á vida coma un carracho; enchoupándome das delicadas sensacións do outono, e ti, mentres, con grampas no corazón, para que non che caia ao chao.

Imaxe

o ceo sobre berlín

Hoxe pasei polo sitio onde tivemos que parar aquel día.
Recordei como empezara a caer a chuvia embarrando o po do parabrisas, as gomas dos limpas gastadas. A través da cortina de auga as luces dos outros coches compoñían un abstracto en amarelos e vermellos na escuridade. Eu tan nerviosa, sin ver nada, supoñendo a carretera. E tí dixeches bótate a un lado, xa me ocupo eu. 
[ fuches comigo coma un daqueles de o ceo sobre Berlín ].

Imaxe

ceo de uvas, alfombra de menta

un ceo de uvas

Imaxineite cavando os buratos para as vides, regos de suor confluíndo no val entre os teus seos.
Hoxe o recendo a setembro e a menta.
O néctar dulzón da nostalxia.

Eu, tan agradecida. E tí nunca o soubeches.

e unha alfombra de menta

(máis…)

Imaxe

Nada que ver co gato que está triste e azul

Topic foro gatos: mi gato odia el trasportin

 

Pero tí es un gato ou unha pantera? Nunca escoitaches iso de que non se debe morder a man que che da de comer?
Leveite comigo para que andiveras ceibe cazando saltóns polo xardín… E agora non queres entrar no trasportin para volver? Pues ahí te quedas! En prisión domiciliaria, a pan y agua. E madia levas non te botar a vasoiradas para o monte, que te coma un raposo ou unha donicela [a ver como lles bufabas e lle regañabas os dentes]
Non te pareces en nada ao gato da tasca mariñeira:

[Audio: Poema “O gato da tasca mariñeira”, de Bernardino Grañana voz de Falabarato]
(máis…)