Imaxe

esa íntima necesidade

Era previsible: andar á noitiña pola estrada que atravesa as leiras de millo, o ar quente, a lúa medrando. A última noite do vrao.  Saudades teño de ti. Sucesivos nomes que levan sempre o mesmo nome: esa íntima necesidade.

As follas do millo besbellaban entre elas na súa linguaxe segreda. Que arrepío.

Amañeceu sendo outono. Chove. Bailan as pólas da figueira.
Debaixo da viña sempre ole a menta.

Imaxe

to be continued

 

Chegou por sorpresa esa estraña emoción que roe.
Tratei de ignorala, como aos ácaros da miña almofada, e apaguei a luz. Durmin querendo abrazar o meu pobrecito cuerpo, que non é razonable senon delirante.

Pero as arañas, a tecer.

Imaxe

vértice xeodésico

Unha noite de verán vin a lúa chea a cabalo do Picosacro. Entroume morriña de que-sei-eu e esa nostalxia que lle entra á xente que vai por aí mirando os picos dos montes que apuntan á lúa.

lua (15)

un par

A cita a cegas de K-44 e Mauricio [que en paz descansen dende onte á cea]

[Grazas, Harmonía]

Imaxe

dona de acollida

Veu un can á miña porta e adoptoume como dona. [Dalgún xeito soubo que non teño can que me ladre].
Serei unha dona intermitente, pero é que el tamén é un can sen ataduras.

Imaxe

picacereixas

a bubela que se pousou no valo da eira

– Mira!, que paxaro tan raro será ese?
Era un ouriol, picacereixas, papafigos, unha oropéndola femia que, sin ser tan vistosa coma o macho, tamén é preciosa e moi rara de ver. Tamén vin unha parella de bubelas e  un coello pequeno que atravesou a estrada a brinquiños.
Dixeches: xa tes para un post.
Rite, pero

Coa fascinación abonda.

Este arquivo sonoro  é un tesouro para quen goza aprendendo a distinguir o canto dos paxaros.