Pitima foi quen argallou este traballiño: ela cantou e fixo os arranxos a partir dun texto de Chousa da Alcandra e a música composta por Raúl. Falabarato recitou e aportou as imaxes coa técnica time-lapse que eu xuntei coas miñas para montar este video:
Click aquí para velo nun tamaño axeitado e mellor calidade de imaxe
O poema: Xulio L. Valcárcel. Recita: Xosé Fuentes.
Se envellecemos xuntos
e desfago a madeixa dos meus días
ao teu lado
fareime confidente
do teu camiño sen pegadas,
do teu canto e do teu ánimo. Xulio L. Valcárcel
Moita xente dorme no tren á Coruña, porque ninguén se pasa de estación. Aquí remata a vía. Luisa Villalta, unha poeta cascarilleira, titulou así un dos seus poemas: Estación, que é como lle chamamos nós, non só ao recinto, se non tamén a todo o barrio [onde vives? na Estación].
Onde nós nunca pasan os trens Só chegan ou parten Por iso tamén somos nós a nosa última estación o noso amor definitivo Seguir lendo →
Na noite silenciosa a auga cae cun son que arrola. Non hai ninguén na rúa, A Coruña dorme. Nunha ventá, a luz acesa: haberá unha muller que non recoñece o seu reflexo entre as pingas que escorregan. Que sinte o pulo da vida que lle latexa no corazón avariado. Que escribe tan a carón da estufa que ata a chuvia lle parece morna. Alguén lle dicta dende moi lonxe as palabras que ela sinte.:
“Hoy, sin anunciarse, como suelen hacerlo, del invierno en que yacen las palabras heladas, han venido a visitarme algunas conocidas. Todas son viejas sementeras del miedo, del desamparo y del desasosiego y, sin embargo, prefiero no citarlas, porque sé que no es bueno regodearse con malas compañías, porque todas son hijas y, como poco, nietas de esa gran matriarca de las palabras frías a la que vamos sin quererlo y en cuyo seno inhóspito nos negamos a pensar por amor, optimismo o ciega fe en la vida. Y quiero conjurarlas, pero soy incapaz de sustraerme a su corrosión muda.”
20 ha cinsa. Falabarato en Silleda. Estivo no lugar do incendio e recolleu imaxes coa cámara. Elas choran, berran, a través da súa ollada. Fotograma a fotograma arrincan do peito a rabia, a melancolía, a impotencia.
Pero tamén xurde o verde no medio da cinza. Como a herba, a esperanza. Seguro que arestora cantan os grilos furando a terra. No ar a súa vella cantiga.
Non podo deixar de escoitar o pranto que envolve as pedras. Impactoume ver ese valado nu entre as cinzas. Só as pedras, coma cando o fixeron, [haberá tanto tempo] á man, cada unha coa forma axeitada. [Morreron as mulleres, os homes. Perdéronse os seus nomes, pero foron].
En Dornelas non é doado ver un valado espido de vexetais, son moito máis ca lindes: neles medran diversas especies. Agóchanse, crían, aliméntanse insectos, aves, réptiles…
E como contraste, unhas fotografías dos camiños agora queimados, na primavera, un domingo soleado despois da choiva.
-Trouxen a cámara nova, queres probala?
-Preferiría ver como traballas con ela…
Foi emocionannte ir os dous pola eira adiante, captando coa cámara a beleza do efémero, apreciando a grandeza do minúsculo, o extraordinario do común. Descubrir da súa man o latexo de luz que mora nas cousas.
As imaxes tomadas en Dornelas o 26/06/2011.
A cámara unha Canon Legria HF S200
O programa de edición, Adobe Premiere CS5 funcionando nun entorno operativo de 64 bits.
Duración do video 2:27.
Gravou e editouFalabarato. [Meus son o agradecemento e o entusiasmo.]
La bitácora de ciencia, tecnología, arquitectura, informática... todo lo humanamente divulgable lo tenemos y sino se lo conseguimos sin sobrecoste. Eso sí, en Castellano (casi siempre).
E corto coa coitela as liñas das veas que forman as verbas que escribo, e deixo que corran e se expandan, verbas que non rematan nunca, verbas infinitas
Consultora de Desarrollo de Personas y RRHH | Marca Personal y empleo |Psicóloga. Te ayudo a identificar tu talento, a ponerlo en acción y a darle visibilidad para dejar huella y conseguir tus objetivos profesionales.
traducir é producir:: translating is loving :: un espazo onde se dá coa palabra e se le como soa mellor:: traducións a galego| desde o galego | into galician | from galician
Mi hermana salió del armario, mi madre se llevó un disgusto y yo me fui a Brno, con la Nespresso y los Tommy Hilfiger, y dejando atrás la Thermomix y un medio novio.