amañece tan pronto [1001 amañeceres XI]

Héroes del silencio: Amanece tan pronto y yo estoy tan solo…

A Coruña, 28 xullo 2011

He oído que la noche es toda magia y que un duende invita a soñar.

Bunbury
Seguir lendo

repoboando

Aínda que a atopes pobre, Ítaca non te enganou. Así, sabio como te volviches, con tanta experiencia, entenderás xa que significan as Ítacas.
C. P. Cavafis. ítaca

Vou facer un xardin pequeno na aldea, cavar, abonar a terra, prantar. Para alegrar a vista e o ánimo cando me sente fóra, á tardiña, a tomar o fresco e a mirar como cae a noite. Estenderáse  polo ar o aroma da lavanda, do tomillo-limón, da menta, da herba-luisa, da albahaca. E eu bebendo uns groliños do meu Riojita e conxugando verbos que non existen. Eu nostalxio, tí nostalxias.

[Imaxinar o sorriso da mamá]

Cita

fog

 Radiohead “Fog


Hai unha criatura corricando por esta casa. Nunca se vai, nunca vai marchar. E a brétema flúe dos sumidoiros e reloce na escuridade.

_____Fog / Radiohead

Sempre hai unha canción para un estado de ánimo. Ata onde non chega a música énchese coa letra. Ou viceversa.