a taza branca

os domingos fríos, levo onda a ventá o primero café con leite da mañá na cunca branca, [lémbrame aquela na que almorzaba de nena o leite de cabra con sopas de molete pantrigo], quento as mans nela e limpo os cristais do bafo para ollar as árbores núas da praza, mentres esbaran, cristal abaixo, as pingueiras da condensación coma bágoas […]