mans

vimbieiras

amarela e lenta
é a danza
das vimbieiras

xaneiro menguado
ese é o tempo

cortar as pólas
deixalas a remollo
que domeen

coma a rabia

trenzar vimbios
círculos
horizontes

as mans
teñen memoria

de berces
canastros
un látigo fino

estalidos no ar
e na pel
sinais

caer
o corpo
coma un cesto

Advertisements

11 thoughts on “mans

  1. leerte é como… deixar que me acariñe o sol da sobremesa, a través dos cristais… tés algo no que dís que aínda non o encontrei noutro sitio.

    biquiños,

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s