vincas

pensei que as vincas rubirían
paredes e valos
cobertor azul de vermes
na leña para picar
que oídio ou plaga
acabaría con elas?
e onde iría parar o gardado
no baúl de Cuba?
hai couza nas vigas que o avó trouxera
en carros tirados por catro bois
tan sequera
a luz
entrase polo leste
tódolos da casa botarán contas
os vellos por debaixo dos novos
arrolándose
no adro
a calquera hora han chegar
e que lles vou dicir eu?
se deixei as vincas desaparecer
vinca major

vinca, semprenoiva, cangroia, herba doncela

7 thoughts on “vincas

  1. De aquéllo de Cuba leí algo que escribiste hace años y me gustó mucho. Y yo creo que las vincas seguirán saliendo porque los que recuerdan las hacen salir.
    Y el gallego no es tan fácil como yo me creía. :-)
    Un abrazo.

  2. Fermoso exercicio literario.
    Eu descoñecía ese significado de vincas referida a esa fermosa pranta. Vincas para min son as marcas que deixa a roupa no corpo cando queda apretada. Bueno, así di a bisavoa Celia.

  3. Hai flores que dalgún xeito considero “miñas” : A madreselva, as vincas, esas rosas trepadoras pequenas e apretadas que arrecenden tan ben, e a flor so saúco. Todas elas me devolven automáticamente unha infancia que cada día queda máis lonxe,,,

    • Naceu un saúco á beira da casa da aldea, nun sitio q estorba algo, pero por algunha razón vouno deixando …
      Alégrame ver o teu nome por aquí, despois de tanto tempo :)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s