encollerse

Xa hai tempo que me custa non encollerme para sempre no meu mundo. Facer oficial a miña covardía. Sumala a todas as covardías anónimas. Disimuladas.
Ignorar as bombas dos exércitos que levan bandeiras de salvación.
As de terroristas en nome de deus ou da xustiza.
Persoas amoreadas no barro ás que se lle nega a terra, o sal. Porque non teñen peso onde se tasan as perdas de privilexios.
Accidentes de tráfico que tronzan mans que levan ramos de oliveira.
A Terra aberta en canal, coma un porco na matanza de sanmartiño.
A escravitude sobre a que apuliñan as fortunas.
Miseria. Enfermidade. Dor. Soedade.
A inxusticia máis absurda das inxusticias estremas.

Quizá chegou a hora de me ir sentar ao fondo do xardín oculto, escoitar como medra a herba. Serenamente agardar.

12 thoughts on “encollerse

  1. O mellor deberiamos facer terapia de covardes anónimos… :( E qué poderiamos facer nós… Seguir a vivir, e non sentir demasiado esa dor, que non nos fai ben, nin a nós… nin a eles…

  2. Enténdote. A min moitas veces pásame o mesmo. E que a ixuisticia é tanta que un xa non ten ganas de facerlle cara, custa vela e custa facerlle frente. Non se sabe como loitar neste mundo onde hay tanta pobreza para moitos. Faise moito, pero si que podemos cambiar o noso entorno un pouco, se todos o facemos o mundo ao final será doutra maneira. Empezar con pequenas cousas, sempre.
    biquiños zeltia.

  3. Vivimos malos tempos, tempos escuros, e ben está poñer en palabras (como ti fas) toda esa rabia e todo ese desencanto. Mostrar a verdade crúa para dalgún xeito tratar de correxir as inxustizas.
    A tarea é difícil pero hai que intentalo.

  4. No creo que te haya llegado la hora de ver medrar la hierba. Porque, si así fuera, no hubieses escrito esta entrada tan bella como sentida. Sólo nos hacemos definitivamente viejos cuando pasamos de todo y, para tu suerte y tu dolor, no es tu caso. Si lo fuera no hubiéramos podido leer algo tan dolido. Anímate, veo que aún tienes fe. Puede que te encojas, pero no es de miedo, es de pena. Son dos cosas distintas.
    Bicos.

  5. Se rascamos un pouco baixo a capa de falso benestar, progreso e xustiza, vemos que non avanzamos nada. Todo está construido sobre a desigualdade e a explotación. Eso sí, agora os pobres e oprimidos teñen teléfono móvil e unha camiseta do Barça…

  6. ando blogueando un pouco e volvo sempre as páxinas amigas
    canta tristeza hai no mundo, verdade?
    biquiños para ti, e para Eume.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s