coma frida khalo

antes de espertar xa están as imaxes
perturban intoxican

búscome
nos pulsos nos ollos

canto tempo leva ser
autómata polo corredor?

canto a que se peitea
coa raia o medio coma Frida Khalo?

que me nazan flores no pelo
me leven na cama en procesión

polo camiño real se sumen
repartidores señoras da limpeza

nos saian á porta os camareiros
ofrecendo madalenas cafés con leite

que no alto de San Amaro
nos dea a benvida o cheiro a mar

risas e conversas soen
igual ca un rezo

mirando o sol como nace
polo Seixo Branco

e que esta sexa
a última mañá

enredo de man robot de fernando c.

10 thoughts on “coma frida khalo

  1. Pasan os anos, pero Zeltia sempre permanece eterna con esa dozura que me recorda as cereixas en sazón. Sempre autentica e se cadra cada día máis profunda con esa sabiduria e beleza que soio se alcanza co paso dos anos, como as cereixas cando maduran.

    • unha cereixa madura e doce, auténtica, profunda e sabia… é lindo ese xeito de ver a Zeltia. Coa beleza que só existe na imaxinación de quen a busca.
      grazas por imaxinarme.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s