nostalxia

Sixilosamente, como a noite, apareceu. Subíu coma unha brétema, caeu sobre os campos de millo. Faloume dende o roce inquietante das follas, dende o canto dos grilos. Abrín os poros para atraer os nomes da ausencia, mais só acudiron os insectos nocturnos.
Que fas aínda no meu corazón?
Durmín, co meu corpo estraño, nunha tristura estupefacta e soñei cun cemiterio de posibilidades.

Tecían, infatigables, as arañas.

lua nostalxia

11 thoughts on “nostalxia

  1. É difícil deixar saír esta nostalxia que queda atrapada nos miolos como unha cantinela.
    Difícil deixala saír, pero non imposible.
    Gústame ese cemiterio de posibilidades.
    Pero déixame amargor na boca esas arañas que tecen infatigables. sSi que son animais benéficos, pero a súa apariecencia sempre me incomoda.
    un forte bico Zeltia.

  2. O tecido que compón os nosos desexos está feito de amendos que pouco tenhen que ver cos fíos sobro os que movémonos. Unha saba de posibilidades cérnese ao redor noso e as lembranzas vélanse tras cortinas de aparenza. Pano descorrido do noso pasado don que afroran os soterros…mioleiros.
    E velahí o tes, e velo acolá vai
    Cando sintas ese frío ou esa inquietude arróupache cunha cobixa de posibilidades e comparte a suavidad con que pódenos alouminhar. Só nos manterá espertos os élitros dalgúns insectos que na nosa toba áchanse.
    Cada circunstanza que rodéanos pertence ao mesmo conxunto do que procedemos e como consecuenza da nosa orixe que en cada nova puntada parécese a anterior aínda que a nosa percepción fáganos sentir que somos cada día dispares.
    Natureza educativa que defínenos pra sempre impedindo facernos desomellantes, razón pola cal aqueles que nos viron medrar reconhecerannos eternamente ou viceversa
    DeicaludoSonoroS

  3. En nos atrapa… nesa espiral ata o ceo cheo da luz dos que se foron… Ou non, ó mellor a luz non é deles… Mentirosa luz. De onde ves… que tanto me atraes… Queres iluminar as miñas sombras?? Flus Flus.. Vaites! que aínda non me despedín. Non quero.
    Biquiños Zeltia.
    Gustoume moitísimo este post, que o saibas… :)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s