azafrán silvestre

Unha vez, fun un azafrán silvestre. Debín nacer detrás da escola unitaria, nunha carballeira onde España limita al norte con el mar Cantábrico y los montes Pirineos que la separan de Francia, porque cheiraba a libretas novas e a grafito. Iso dalle sentido a este medo que teño a morrer esmagada por unhas botas Gorila e ao meu gusto polo aroma a esterco cando outonan as leiras.

azafrán silvestre

azafrán silvestre

Advertisements

16 thoughts on “azafrán silvestre

  1. Los mismos olores de escuela y otros, como el olor a humo en las casas y a carbón de encina y a erraj y a los membrillos que las abuelas ponían en los armarios y al aceite de espliego… y las mismas botas Gorila que llevamos una generación entera.
    Agarimoso, mucho, tu relato corto.
    Felicidades.

    Gústame

  2. Ser un azafrán silvestre…
    Eu tamén aprendín así a xeografía, como todos os nenos, na escola, en castelán. Os recordos da infancia, eu si teño moitos… e vívidos como se pertencesen a esta época. Quizais porque gardo moi bos recordos e quero que sigan así, intactos a pesares de que o tempo vai pasando.
    Daslle un final precioso ó texto “cando outonan as leiras”
    bicos zeltia.

    Gústame

    • Se fosemos azafráns o cheiro do esterco sería un olor exquisito :) de feito, a min gústame!
      (Creo q os recordos da infancia quedan, tan nosos que somos nós. Aínda os malos, que haber, hailos)
      Grazas, Mariola.

      Gústame

  3. “..y al oeste con el océano atlántico y Portugal”. E a foto, sentado diante do mapa, co negrito e o chinito do domund, e mais o tinteiro.
    Eu aínda uso botas Gorila, levan por baixo incrustada a pelota verde.

    Gústame

  4. Eu debo ser moito máis vella, porque en vez de botas levabamos zocos de coiro e madeira, pero a retahila dos límites de España era a mesma…
    Arredor da miña escola tamén cheiraba ao fume da estufa de leña, a cascas de laranxa mohosas (da mestra) e ao leite en pó que preparaba e nos repartía nos recreos.¡ Mira que teríamos falta de leite nunha aldea na que todos tiñamos vacas na casa…!

    Unha aperta grande.

    Gústame

    • Cuspedepita! Canto sen ver o teu nome! :) os zocos convivían coas Gorila, si. Creo q o uso tiña máis q ver co estado dos camiños e co nivel económico das familias pq a década dos 60 non ha ser moi lonxana da nisa infancia.

      Gústame

  5. aparte das botas Gorila tamén había zocas de madeira de ameneiro que eran caralludas no inverno e nas mañás de xeada . Que lembranzas: xogar as bolas no recreo, a busca de niños e de zarrotas, a enciclopedia Alvarez e aprender de memoria os afluentes do Duero.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s