exterminadora


A morte deixounos expostos aos meus ollos con toda a súa delicadeza e fermosura.  Observeinos co corazón encollido, tan pequenos, as manciñas perfectas, o pelo tan suave…
Foi un erro pola súa parte facer un niño no meu armario. Deixar excrementos dentro das miñas tazas de te.

32 opinións sobre “exterminadora

  1. Hai intres en que invándese as nosas pertenenzas ás nosas costas, sen permiso algún.
    Nalgúns casos deixámolo avisado, outras pásasenos polo alto; neses é cando entran sen chamar.
    Apertas longas e máis sonoros
    Saúde e Ceibedade

    Gústame

  2. aisss… os ratos…
    tivemos un que nos fixo ben a puñeta este verán…. Sí só un. A Mika meteuno na casa (mira ti… en vez de facelo ó revés….) para xogar con él, supoño, el logo non había modo de atrapalo…. Pareciamos Jerrys todos… detrás do pequeno Tom… Varios días de asedio e resistencia, un par de semanas!!!!…. E finalmente escapou… Antes roeu todo o que puido… e foi moito!!!!
    Da mágoa matalos…. eso sí…

    Gústame

  3. É unha cuestión de hixiene e supervivencia: ou elas, ou ti…

    Ademáis, o das tazas de té foi unha provocación en toda regla…

    (Pregúntome se alguén dos que move os fíos me verá coma unha delas… e aínda se querrá exterminarme. Pobre… )

    Gústame

  4. Unha mágoa pero hai que escoller entre eles e nós.
    A próxima vez non empregues veleno. As rateiras son eficaces e non sofren tanto e aparte non quedan os cadáveres ocultos onde non se poden sacar.
    Sinto romper o ritmo literario do posteo pero a realidade é así de seca.

    Gústame

  5. ¡Hola amig@!

    He conocido tu blog navegando por la red y lo siento, espero que no te moleste pero quería pararme a saludar, me encanta la distribución del mismo y como te expresas :)

    También aprovecho para animarte a continuar en esta misma línea, así, ya que haces un trabajo muy bueno que resulta gratificante para los lectores, a la par que útil, al menos para mi persona.

    Aprovecho también para desearte una feliz entrada de semana, llena de éxitos así como momentos agradables.

    Con tu permiso estaré por aquí, por “tu casa” para leerte con más frecuencia conforme al paso de los días.

    Si te apetece puedes pasarte por mi rincón en felicidadenlavida

    Un fuerte abrazo,
    Francisco M.

    Gústame

  6. Uf, ás veces non sei como consigo combinar o meu ecoloxismo co noxo que me dan algúns animais… Eu non tería sido capaz de matalos, na miña casa mataron un rato de campo este verán e aínda teño o trauma… Eu quería salvalo e liberalo outra vez!

    Gústame

  7. jajaja, pero tanto che custaba convivir con eles? coitadiños.

    E ademais, ti non tiñas un gato? Ou morrérache? sím, creo que che morrera.
    Bueno pues, non quixera meter o dedo na iaga, pero éche ben certo que os humanos somos un virus que exterminamos todo bicho viviente do noso derror, que convivir con outras criaturas, cóstanos e non aceptamos parvadas coma que defequen nas nosas tazas de te…

    Gústame

  8. Campo-aldea= natureza. Erro ou necesidade vital. Quen invade a quen?; invasión ou coexistencia..?. Bonitos pero exterminados..?. Eu faria o mesmo que ti, pero non deixo de pensar nas nosas contradicións e egoísmos humanos.

    Gústame

  9. si, contradiccións, “bonitos pero mátoos” “quen invade a quen?” Imposible convivir con eles. Convivir é impensable. Vasos e pratos cheos de excrementos, as galletas o pan, todo richado. A roupa roída para facer niños, unha peste na casa que parecía unha grande xaula de hamster sin limpar! (para dous días que vou pasar á aldea tería que cederlles a casa todo o ano!)

    xa me sentín moi mal, durante días non os puiden sacar da mente, inda agora me veñen as imaxes e me sinto mal… pero non son Bárcenas, se non déixaballe esa casiña pequecha para eles :)

    Gústame

Deixar un comentario