onírico_2

 

Soñei co meu ex-marido, as nosas pequenas connivencias, e coa súa segunda muller. Cun ex-amante e a súa segunda muller. Co meu fillo, de adulto. Coas compañeiras do traballo. Todos nós mesturados no soño.
Saían nel os vellos trastos de pintar e a fotografía imposible e a ponte que sempre parte e me guinda ao baleiro.
Sangrábanme os dentes.

Espertei cando regaba un precioso xardín que non era meu. Eramos varios traballando e dirixía os labores de xardinaría Dores Tembrás.

34 opinións sobre “onírico_2

  1. Eso es, como cuando alguien bebe de más(los “entendidos”…jeje :) siempre dicen que no se debe mezclar. Para mí es exceso de…lo que sea), intoxicación por onirismo; se suele pasar al despertar, con un café y una buena ducha… :)
    La “Resaca Onírica” es irónica y cavila tanto como alimento de días se le va cebando. Luego, la mente produce descargas de todas en unas circunstancias que se nos escapan a nuestro control de forma imprecisa en el tiempo.
    Cuántas más horas durmiendo mayor es la posibilidad de tener uno de esos incidentes “rem”; el gusto se produce con las paradojas antes de la hora adecuada y se almacenan en el umbral de la memoria que conecta la realidad. Entonces sobreviene el recuerdo, aunque no de todo.
    Todos los sueños son acumulaciones surrealistas a “toro pasado”; algunos los llaman pesadillas. Me gustan las pesadillas, tienen mucho provecho artístico.
    Breves y miudiños.
    dl*P

    Gústame

  2. en el escenario de los sueños cabe mucha gente, cualquiera puede tener un papel, alguien que no ves desde hace años, completos desconocidos, incluso, y por supuesto la gente que nos rodea, o que estuvo cerca alguna vez. yo he perdido los dientes mil veces ya… menos mal que los sueños, sueños son! anyway. tu amiga dolores, además de buena jardinera, tiene una web muy chula!

    Gústame

  3. Buf… si yo te contara….
    Pero la transcripción de sueños se hace tan pesada…. y tan rara… y empiezas a psicoanalizarte, y ya te vuelves un poco del revés… y del derecho… y piensas que no controlas nada… y que somos una mierda… y….
    En fin.
    Biquiños Zeltia.

    Gústame

    • a mi siempre me gustaron tus psicoanálisis :-) aunque imagino que, de tener algún valor, sólo servirían los propios análisis, ya que cada uno concederá distintos significados interiores a una misma figura (caer dientes, entrar en túneles, volar…)

      Gústame

  4. En plan puramente fisiolóxico, os meus soños dependen do que ceei esa noite: se foi forte, abondoso e tardio.
    Logo, se vin algunha película ou se lin algun libro. As veces mistúrase todo.
    Tamén os ruidos dos veciños, pois eu durmo polas mañás, e hai moitos ruidos nesta casa (ladrillo, cemento, placa, xa se sabe…non hai nada como a pedra e a madeira)
    E outras veces, non ten nada que ver todo iso.
    Hai, en moitas ocasiós, nos meus soños unha persoa cercana, pero moi cercana, que non é ninguén coñecid@. Talvez sexa un compéndio de várias persoas cercanas en diferentes momentos da vida. Ou quizá sexa eu mesmo.
    Logo están os escenários: A casa dos meus pais, con cuartos de outras miñas casas. A horta é o pátio, a xanela dá a outro lugar….Confúndese todo. Tamén hai un calexón recurrente, que remata nun camiño de terra, solitário e inquietante, coma prohibido e perigoso, que me soa familiar pero nunca dou localizado….
    Eu non atraveso nha ponte, pero algunha vez, estando nun balcón asomado, ténse desplomado no vacio.
    Un dos que máis me gostan é cando me desprazo, como levitando, a médio metro do chao. Fssss…… Que gozada!

    Gústame

    • ouh que envexa o de voar… eu creo que só voei unha vez, igualiño que josé luis sampedro en mar adentro. era fantástico.
      os meus soños, inda que sexan disparatados, como teñen que ser os soños, case sempre teñen un fío condutor, unha trama con continuidade que estraña ás persoas ás que llos conto.
      ás veces tan nídios e semellando reais qeu tardan en abandonarme ao espertar.

      Gústame

  5. Un soño moi entretido, non te queixarás, expectadores tiñas de abondo. O que xa non me gusta tanto é esa ponte e os dentes sangrando. Eu soño moitas veces que me caen os dentes e non é nada agradable.
    Bicos

    Gústame

    • Creo que é un soño moi estendido, o de soñar que caen os dentes, eu só soñei que os dentes me caían unha vez… e agora, que me sangraban, pero moito, unha hemorraxia, e ninguén se preocupaba o máis mínimo, como se me viran comer un xelado.

      Gústame

  6. Eu iniciei un diario a papel e boli dos meus soños hai un feixe de anos e deixeino na primeira semana porque me daba a impresión de que entraba nun mundo aparte e proibido e eu non durmía ben..
    Hai veces que soño cos dentes e a verdade é que os teño feitos un desastre.
    Iso si, raras veces soño con xente descoñecida pero non lle dou máis importancia aos soños que considero eu que son as nosas neuronas traballando de noite para clasificar visións, sentimentos e sensacións actuais ou de hai tempo.
    Non sei se o teu soño terá un significado pero o final semella precioso.
    E agora vou para cama a soñar cos “angelitos” se me deixan Leo e Xela, claro.

    Gústame

    • Eu tampouco creo en significados nin dende logo en premonicións… como dis ti, é o noso cerebro traballando, clasificando, soltando lastre, acomodando medos e ansiedades, preocupacións…

      Gústame

  7. Zeltia, o teu soño parece unha árbore xenealógica de amores e desamores cunha trazabilidade perfecta: regando un fermosos xardín que non é o teu. O subconsciente válese dos soños para axustar antigos desvelos.
    Unha aperta

    Gústame

  8. En esos sótanos, con la edad, nos hundimos cada vez menos. Vamos perdiendo el miedo que somos nosotros mismos y al aceptarnos ya sólo soñamos con los ojos abiertos, tristes. Vemos las cosas alejarse .El mundo ya no nos queda al alcance de la mano. Todo está ahí, pero un poco más lejos. Esos sueños tuyos Paz te hacen joven: aún tienes esa juventud repentina que es la que te levanta de la cama

    Gústame

  9. Hai tempo que non lembro moi ben os soños que teño; no último aparecían as cadelas. Supoño que se me están facendo máis cotiáns. O teu é completo e interesante. Pero din que non se deben contar.

    Gústame

  10. Claudia: cuando es bonito, si :-)
    Ñoco: siempre me haces sonreir con tus bicos y rosquillas (de Silleda)
    Xan, por iso me chocou tanto: canta xente do pasado, do presente.
    Rubén, estos días ando yo rumiando también en esas reflexiones, sobre todas las cosas que ya no son posibles. Y no sé yo eh, eso de que los sueños hagan joven… quizá los que uno sueña despierto… :-)
    Peke, non se deben contar? a mín gústame contalos. Serà porque teño pouca imaxinación cando estou esperta, pero durmindo… teño uns soños moi creativos!
    A nena do Paraugas, pois se todo iso é en cinco minutos, menos mal que non lembro o de toda a noite! :-)
    Raposo: é o bo do mundo dos soños, que ninguén estorbaba a ninguén (inda que houbo tempos en que me sobraban todasssss) :-)

    Moitas grazas por facerme ver, cos vosos comentarios, que andades cerca.

    Gústame

  11. Quizás, de muy jóvenes, lo sueños reflejan sentimientos más nítidos: miedo, dolor, placer… Y a medida que somos más viejos, al tener más historia personal, reflejan más la confusión y la inseguridad en que la vida se nos va convirtiendo. Claro que esto parece una obviedad. Perdona.

    Gústame

  12. non sei si xa cho dixeron nalgún comentario pero o teu soño parece o camarote dos hermanos Marx… vaia lío de xente, muller… supoño que dormirías axitada, aínda que o final parece que a cousa enderezaba con eso de regar o xardín.

    recoméndoche que si a cousa sigue tomes valeriana o unha tiliña antes de ir durmir ;.))

    biquiños,

    Gústame

  13. Ás veces soñar é un xeito de reconciliarse co pasado, quen non perdoa e comprende está destinado a vivir sen presente. Ou como explicaba mellor Benedetti:
    “…examinar el pasado
    rubro por rubro
    etapa por etapa
    baldosa por baldosa

    y no llorarse las mentiras
    sino cantarse las verdades”

    Liked by 1 person

Deixar un comentario