a curva

Pésanche as pálpebras e pechas os ollos. Só uns segundos e todos os significados quedan onda as preguntas. Xa non máis oquedades no peito, nin sentirte perro verde. O baldeiro será definitivo e a [puta] paz, infinita.
Grazas á adrenalina celebras que vives. E que che importa non saber nin o día en que naciches? tampouco saberás o día en que morras.

13 opinións sobre “a curva

  1. Ay!!! Pensei que non ía acabar ben. Pero parece que por esta vez si. Alégrome.
    Un texto curto pero que pon os pelos de punta.
    A imaxe moi axeitada.
    O final fantástico.
    bicos Zeltia.

    Gústame

  2. Siempre debe conducir el que no sueña ,el otro ,el verdadero, o está en las nubes o en la luna o cantando canciones desafinando como un pernio de pueblo .Pero en el coche debe conducir esa silueta de cartón absorta siguiendo la carretera, como sobre el raíl un tranvía, el que no sueña.
    Un beso a tu ángel

    Gústame

  3. encántame este texto con tantos contrastes… e con tanta ira dentro.

    o da [puta] paz non ten desperdicio.

    co sono hai que ter moito cuidado, eu durmo en calquera sitio e tamén unha vez casi me durmo no coche… foi a miña filla a que me dou un berro.

    biquiños,

    Gústame

  4. Non o mires así. Sempre hai algo que nos esperta e nos fai ver onde está a tanxente… Para non saír por ela.

    Alégrome de ler isto. Se está aquí é porque visches a tanxente dichosa e fuches capaz de escapar dela…

    Moitos bicos, moza.

    Gústame

  5. O dulce sono pode ter un terrible despertar, se o ten…Afortunados os que non tivemos curva nin precipicio nesas décimas de segundo con aspiracións de eternidade. A min aínda me tremen as pernas, así que agora paro á mínima.
    Unha aperta.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s