Pescudo polo ceo á procura de estrelas fugaces, xogar a pedir desexos. A noite está clara, fresquiña. A os meus pés algo brila na escuridade, un punto de luz entre as petunias, unha estreliña de chan, un lucecú, un vagalume, nesta noite das perseidas.
É que ás veces buscamos no lugar equivocado. O millor é non buscar, só atopar.
GústameGústame
Unha estrela a ras de terra tamén está ben. As veces non compre buscar tan lonxe, preto de nós pode estar o que necesitamos.
GústameGústame
Hai uns días atopamos bastantes polo camiño de volta á casa. B quería coller un para amosarmo de preto, pero deume mágoa que aquela luciña se vise presa.
GústameGústame
Es mejor encontrarse con la estrella que buscarla, no crees?
Muchas, muchas GRACIAS
GústameGústame
lucecú. Ja. Fantástico.
(bicos)
GústameGústame
é fantástico velos ¿verdade?, eu recordo unha noite, en Cangas… nunha silveira… fai tanto tempo!
biquiños,
GústameGústame
violeta e un tal marra: hai xente que non se da estado quieta, que pensa que para non moverse haber nacido planta… e inda así, agora que o penso, ata elas estarrican as raíces buscando os nutrintes e a auga… :-)
peke: de seguro que ao velo de preto perde o seu encanto, como ocurre con tantas cousas que a certa distancia deixan lugar á imaxinación. Un lucecú como “bonito” bonito, non é… (quizá Xosé Marra diga o contrario, que é moi entendido en bechos)
Canto saben os raposos…!
Bicos Susana e Esther… estades gozando o verán?
GústameGústame
Indagarei o motivo polo cal aquí lles chamamos “vermes carpinteiros”, que garlopas non lles vin nunca.
Agora, con tanta farola pública, non se dan visto. Nin os carpinteiros…nin os vermes!
GústameGústame
E que hai cousas… que só vos pasan en Antas…! :-) [feliz cumpreanos, atrasado, que me esquecín de felicitarte, pero heicho compensar cun bo rosario (e se es bo, tódolos seus misterios -.de gozo, claro-)]
GústameGústame
Todos somos fermosos, e máis se somos quen de facer soñar, e estamos cheos de luz coma o vagalume.
E cando falaba de millor atopar que buscar, non quixen decir estar quietos, senon atentos ao que vén para que non nos pase desapercibido.
GústameGústame
gústame iso que dis de que todos somos fermosos… porque o da luz sí, eu diría que todos temos unha lusiña dentro e que iluminamos polos ollos, polas mans, polas apertas, pola risa, polas palabras… non si?
GústameGústame
Que bonito relato!! nós chamámoslle “unha vella facendo no caldo” e cando era pequena andaba sempre buscando. Mira, non viches unha estrela fugaz no ceo, pero atopáches unha o teu lado.
GústameGústame
Ás veces as estrelas están tan cerquiña…
bicos.
GústameGústame
¿Encontraste una estrella a tu medida?… ¡linda!
GústameGústame
Encontrar unha estrela á medida de cada un é o que buscamos todos.
GústameGústame