o peizoque de dores [videoclip]

O peizoque canso
reconta feliz
as palabras todas
antes de ir durmir

Videoclip resumo da presentación do libro de Dores Tembrás “o peizoque Roque”, un libro para nenos [grandes e pequenos] con ilustracións de Xosé Tomás, editado por Galaxia.

Tamén en Vimeo (HD)

[O libro leva unha dedicatoria:
“De Romeu, que llo aprenderá a Duarte.
E para Ledicia, Nerea, Mateo e Lino”]

Na cara de Dores, tamén se pode ler.

9 opinións sobre “o peizoque de dores [videoclip]

  1. Benquerida Zeltia,

    o meu agradecimento por tan fermoso agasallo !!! E unha aperta grande grande por estares comigo o outro día, por compartir tódalas palabras :D

    Gústame

  2. Sempre me gusta contaxiarme da maxia que desprendes, a mesma que deixas nos teus traballos. Este último para cativos está impregnado dela. As ilustracións tamén son magníficas, estou segura de que será un grande éxito e eu xa teño agasallo buscado para reis e cumples dos nenos.

    (No video teríame gustado mostrar os momentos cheos de tenrura do xogo coas palabras do peizoque, pero foime imposible recoller imaxes.) Contenta de que che gustara :)

    Gústame

  3. Chíflanme os paporrubios… Teño moitas imaxes deles. Aquí hainos a moreas. Tamén me gustou a palabra peizoque, como a paideleo. E o libro… verei de facerme con un… e claro, se desprende a mitade de dozura e tenrura que Dores no teu vídeo, xa me gusta…

    Bicos!

    Gústame

  4. Dores habla y se mueve como un dibujo animado. Gestos como el de aplaudir y que la melena de la sonrisa tire de su cabeza hacia atrás hace que la veas como una niña en un cuerpo de mujer. Acaba de bajar de una nube como un ángel.

    Gústame

  5. Un video moi fermoso, Zeltia.
    Dores está contenta co teu resultado e eu estou contenta de que nos deleites cunha poeta tan marabillosa e con tanta sensibilidade.
    O libro seguro que encantará a máis dun neno e maiores con esas ilustracións tan bonitas e esas verbas tan ben postas.
    O peizoque leva música nas letras e é tan tenro…
    Quédome co que dis o final:” Na cara de Dores, tamén se pode ler”.
    moitos bicos as dúas.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s