inside

inside

O sol que semella haber fóra é un espellismo na néboa mesta.
Absurdos os desexos, soños inútiles. Só fancy dresses, pretextos para erguerse e
simular que paga a pena.

Advertisements

23 thoughts on “inside

  1. Pero mira cando non hai máis remedio tamén nos está permitido soñar rodeados de mesta néboa… e os pretextos, ai se non fose polos pretextos!!! a rutina de moitos de nós está chea de pretextos.
    Bicos

    Gústame

    • grazas! :-) co programa de edición conseguín que quedara reflexando a atmósfera que eu quería: esa maxia do sol entrando DENTRO, (da casa, de min). Un paréntese de luz na brétema densa (a real e a metafórica).

      Gústame

  2. Textos con pretextos, cómo los “detextamos”….
    Los rayos suaves esconden tímidos intentos para un verano fresco, lleno de tormentas que regarán las ideas…que da la lectura.
    Rebicos longos, sonoros nas fazulas.
    Deica
    d;D´

    Gústame

  3. E mentres haxa pretextos vai pagando a pena. Coincido co comentario anterior, a foto é fermosa. Chámanme a atención as cores… non sei se frías e vivas a un tempo, non sei, pero chámanme a atención. Que haxa moitos pretextos para poder seguir lendo os teus textos. :)

    Gústame

  4. Inside están os trasnos e tamén as fadas. Mira a tartaruguiña, adentro, primeiro patas, logo cabeza, un, dous, tres, construindo o seu espacio secreto, escudo máxico, para saír forte á captura das raiolas.

    Gústame

  5. Sempre haberá algo que paque a pena, aínda que coa néboa non se vexa…
    Por iso hay que rabuñar no interior para atopar esa luz cálida que nos amosas nesta foto tan fermosa.
    bicos.

    Gústame

  6. A raiola de sol que nos quenta (a casa e o corpo), os libros que enriquecen os miolos, a auga saciadora e dadora de vida, as cores… Seguimos sendo uns privilexiados!! Ánimo!

    Gústame

  7. No, no… as apariencias engañan, non son eu quen bebeu toda esa auga e a morea de libros non é miña.

    A mirada sí. Fun eu quen espertou nesa hora da mañá… Y allí estaban, como nacidos de nada, esos dos colores primarios, azul, amarillo, azul, azul azul azul
    As cores, a luz, entraron polos ollos ata o estómago, ata as vísceras… hai momentos en que o tempo se detén e por uns segundos… un sabe.
    corrin buscar a cámara.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s