mans

Os camiños avultados das veas. A feitura dos dedos. As xemas, as unllas, os cotelos. Os poros, os pregues. As palmas. A pel: cor, humidade, temperatura, tacto, a súa xeografía parcelada. Os movimentos cos que se expresan. A vida independente da que gozan. O seu contacto comigo.
Recoñezo as mans das persoas que quero, tanto coma as súas caras. E quedan gardadas na miña memoria.

A man de Carlos

34 thoughts on “mans

  1. Xeitosa e grata Zeltia:Nada hai co tempo non madure. Sonche os atallos da madurede os que expós eiquí? O que máis nos custa é recoñecernos en nós ise mesmo paso do tempo. Pra recibir ou sentir a presenza doutros necesitamos das súas mans tanto como a carga simbólica que prestan. Ao longo da historia son as mans quen canlizan o poder acariñar, aniñar e insinar que a vida continua grazas a elas. Con elas faise todo, ou case. As persoas que carecen delas sentense, seguramente , desvalidas e pra transmitir todo canto queren buscan outros xeitos alternativos.O longo da historia as mans, as nosas usáronse para tudo xeito de cousas, pra o ben e non tan ben; pra o bo e non tan bo. Os rastros que van deixando nelas ainda non está achegada no meiciña. Loitan os menciñeiros pra ver coma poden arranxar ise longo paso do tempo nelas. Cando vemos as nosas pensamos que non son xa que poidera ser que pensáramos foran ainda mais tersas, mais limpas. Recoñecer as mans de un debe ser un traballo dos outros; outra forma de recoñecer a os nosos semellantes. Pra impor e dispor Deberiamos protexer máis ás nosas mans, ata de fumes nocivos.
    [coma sempre, con bisbarrismos]

    Saúde e Ceibedade
    Deica

    • Estou de acordo con todo o que dis: a importancia das mans! E certo q o sinal que o tempo deixa nelas fáinolas máis descoñecidas; pero esa estrañeza con elas pasoume de sempre: como sí elas vivisen pola súa conta, tivesen vida propia, e me adoptasen, me coidaran, me protexeran. Me abriran os camiño cara os demáis . Estoulle moi agradecida, quero estas mans pequeñas q sempre van comigo

  2. vemos la paja en el ojo ajeno pero en el nuestro la viga obstruye toda percepción interna, o la distorsiona, pero no lo dudes, son nuestras manos las que mejor nos pueden acariciar.

  3. Asmans e os ollos da xente din muito.
    Unha vez quixen fotografar as mans do avó Ricardo e case se ofende; percibíao coma unha profanación.
    Eu recoñezo as miñas mans, boa sería que non; pero non me gusta que estean frías.

  4. Vaia, non digas que vai de mans? Estiven toda a miña vida acomplexada por mor das manoplas que teño ao final de cada brazo, grandes, gordas e agora cos anos cos dedos tortos por culpa da artrose,
    Que man máis fermosa a da foto!, eu sempre é no primeiro que me fixo e normalmente escondo as miñas.
    Bicos

    • Eu, Cando era Unha mociña tamén as escondía. Avergoñábame telas pequenas. Pero agora estou tan agradecida que me entrenei en non avergoñarme do q quero; e aí están: ás miñas mans vellas de nena. É certo q timidamente non lles gusta q as observen…

  5. Tamén para min as mans dos meus seres queridos teñen algo especial. E todo o universo queda plasmada nelas.
    Pero mirar as nosas é moi importante tamén. Recoñecelas, amalas, querelas, para que logo todo eses sentimentos logremos trasmitilos a outras mans.
    Gustoume o texto. Na miña última entrada tes un agasallo.
    bicos.

  6. E ninguén dixo iso de “manos que no dais, ¿qué esperais?” porque las manos son símbolos de entrega, pero si se levan nos petos escondidiñas ( ¿por qué Chousa?) nada ofrecen.

  7. ¿Acaso reconoces tu propio olor o tu voz grabada? Reconocemos mejor a los demás, me parece. Tal vez, porque tengamos siempre la ilusión de ser otros y no quienes somos. Cualquiera sabe.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s