recital poético: avilés de taramancos

A onde vas, amor? Duras entrañas / vas encontrar no que antes foron rosas ,/ duro eslabón e pederneira dura / no que antes fora mol, pois foi a vida / endurecendo as vértebras do canto / e cortándolle as azas á ternura / de tanto me ferir /. (…)

Última fuxida a Harar

20 opinións sobre “recital poético: avilés de taramancos

  1. Cando me falaches deste vídeo e das dificultades que estabas tendo para subilo ao YouTube déchesme a entender que se trataba dun traballo puramente documental, sen apenas edición. Por iso me sorprendeu a cantidade de recursos que empregaches para darlle intensidade e dinamismo na xusta medida. Magnífico, Paz!

    Por outra parte, o teu vídeo ofreceume a ocasión de comprobar que a nosa Dores está fantástica despois da maternidade: fantástica de aspecto e non menos fantástica ao porlle voz aos textos de Avilés.

    [E lembrei a Eva Veiga, outra poeta que di marabillosamente os versos de Avilés]

    Gústame

    • bueno ti fuches quen me animou a perder o medo e atreverme a empezar, sabes que son a túa alumna máis agradecida.

      e sí, Dores está máis linda aínda ca antes, e segue a marabillarnos como é capaz de transmitir a súa emoción.

      a Eva Veiga escoiteina en dúas ou tres ocaisóns, pero sempre cos seus propios versos

      Gústame

  2. Moito que dicir.
    O recital, emocionante, quen me dera ter estado alí! E reafirma a miña crenza nos e nas trobadoras/es. A poesía é para ler, para escoitar, é música, ou algo semellante á música.Necesistamos escoitala en voz alta.
    Os recitadores, estupendos.
    E para rematar, o vídeo. Incrible! Non hai vídeo teu que non supere o anterior, pero este en especial. Todos os elementos unidos nun todo e para un todo, para sentir ata as entrañas as verbas de Avilés. Non podías facer mellor traballo para homenaxear a poesía. Parabéns! E graciñas por compartilo.
    Apertas, Rosa Varela.

    Gústame

    • bueno, Rosa, canto entusiasmo…! así da gusto.
      para min foi un pracer estar alí, no recital, e traelo aquí ao blog.
      co traballo de edición disfruto moito, e conservar recordos é estupendo, alégrame saber que tamén é disfrute para alguén que o comparta.

      Gústame

      • É que todo o que sexa pola poesía, por Avilés …. emocióname. Co teu permiso, voulle facer publicidade ao vídeo, e posiblemente o use para que a rapazada escoite recitar a Avilés. ?? Apertas.

        Gústame

  3. Fermosísimo o video. E o recital fantástico. Gustoume moito, de verdade, sobre todo Dores Tembrás . Coñecina no obradoiro literario de Fene , dounos un par de clases e quedei abraiada coa súa voz e a intensidade e emoción que pon ó falar.
    As verbas de Avilés magníficas, por suposto.
    Un abrazo, Zeltia.

    Gústame

  4. grazas tamén para os que non contestei directamente, violeta, harmonía, aldabra, nena do paraugas, raúl, Dilaida, Antón de muros.

    a poesía non é algo que chegue a todo o mundo, e a vós non vos meteu medo os 12 minutos de video.
    para min resultou esta vez, especialmente, un privilexio compartir con todos os que vos pasastes aínda que non deixarades pegadas.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s