almanaque sen follas [videoclip]

Igual é raro arrimar o lombo contra os valos e comer bocadillos tristes con viño tinto en compañía de lagartos, á beira dos cemiterios ou dos pazos abandoados. Un ano fun lonxe. Sería abril, porque era un día quente e cantaba o cuco.

 

Advertisements

9 thoughts on “almanaque sen follas [videoclip]

  1. Lonxe, lonxe iría eu camiñando se lonxe puidese chegar. E alí onde remata o universo sentaríame no seu bordo a contemplar o inobservable que é o mar do seguinte universo por contemprar.
    Alí, no bordo, cos pés colgando, cun bocadillo nas mans acompanando(che) mentres apoio as miñas costas na tapia do noso universo antergo e coas miradas postas no seguinte infinito deixaríame aniñar por un manto de plasma entre os pés que á calor das estrelas reverbera coa mesma intensidade que outras que xa coñecemos…
    As túas parolas denotan tristeza solidaria por alguén moi maior e na cortesía que che acontece ofréceslla dende iste o teu recuncho pra dicirlle que a lembranza é quen o eterniza en todos xa.

    Todo se puede expresar en las últimas palabras:
    …á beira de cemiterios ou pazos abandoados.
    [Un ano fun lonxe. Sería abril, porque era un día quente e cantaba o cuco.]
    Érache un día quente…do cuco?
    Vou deixar eiquí as anotaciós íntimas, pois isas xa sabemos que non saen deiquí…
    Isto é bo, deben ser os amigos os que deben facer omenaxes e pequenos agarimos os outros, os lonxanos…con tempo.
    Pros amicus tibi quoque fili mii…
    Sempre atenta do que acontece, dos intres de morriña dalguén, incruso teus intres …Un día fuche lonxe…eras cativa e tanto pareceuche?
    Deixo eiquí as repostas, xa que as cuestión sonche outras e isas xa sonche certas que tudos as coñecemos…
    Breves
    Deica

    Gústame

  2. Non calificaría eu de raro arrimarse a un valo. Mais ben, sería algo cálido e transmisor de sosego. O tacto da pedra reconforta. E un bocadillo nunca é triste! Co que saben os bocadillos nun paraíso como o do vídeo!
    Cada día che quedan mellor os vídeos! Que bonitiña é a nosa terra!

    Gústame

  3. ¿raro para quén o en comparación con qué?

    cada un debe facer o que queira sempre que non faga mal a ninguén… en comer un bocadillo de ese modo a mín me parece que non ten mal algún…

    ¿sabes que me dixo o outro día Congo?, que na tua foto tés un aire con Julia Otero… e eso é un cumprido, dígocho, porque él adora a Julia Otero.

    biquiños,

    Gústame

  4. Sólo se va lejos cuando uno es niño, como dijo el poeta: al amanecer los niños montaron en sus triciclos y nunca regresaron. Con los años y en la grave soledad te montas en otro triciclo pero que se interna en la espesura de uno y de allí, tan cerca, oh nunca puedes perderte.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s