podes deixar o sombreiro posto [videoclip]


Este enredo vai adicado a mari de piloño.


A comarca natural da Ulla ten unha tradición única e orixinal polo antroido, da que hai testemuñas dende mediados do século XIX.
Os xenerais e correos percorren as parroquias ao longo do día dando vivas ós veciños, acompañados dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e parrandas.
Despois prodúcese “o atranque” ou alto, onde se enfrontan dialécticamente facendo burla da política ou de asuntos locais, utilizando unha rima sinxela (da que non fan moito caso) e un soniquete característico, con lixeiras variantes dunhas parroquias a outras.

Advertisements

17 thoughts on “podes deixar o sombreiro posto [videoclip]

  1. Mil GRACIAS querida Zeltia, fixome moita ilusión! Fíxeches moi bo traballo.E precioso o movemento do aire nas plumas do tricornio e cada detalle da chaqueta, cinchas do cabalo… Noraboa e gracias unha vez máis pola túa dedicación.E espectacular cando dín: “Viva sta María de Piloño” ufff,encheseme o peito. Mellor dito ten que se nos encher a todos os da zona do ulla,verdad? Alegrome moito que disfrutes de esta bonita tradición.Bikiños e abrazos.Con cariño e agradecemento, Mari.

    Gústame

  2. Simpático e curioso.
    Non sabía desta tradición. Gustoume, si señor, e os sombreiros impresionantes.
    Non lles sobrará algún? E que a min este ano quedáronme ganas de disfrazarme.
    bicos coloridos.

    Gústame

  3. jajaja…

    Oh… Fermosísimos cabalos… E, de seguro…. non debe de ser doado facelo con ese sombreiro posto…. jajaja… ¡Todo un reto! jajaja… O galope non sei eu se resistirían moito enriba da cabeza… jaja

    Bicooossss!!!!!

    Encantoume o post!

    Gústame

  4. As imaxes sonme moi familiares, naturalmente, porque na miña parroquia sempre se fixeron estes entroidos [nós chamámoslles “as máscaras”].
    Supoño que a xente non sabe que en moitas parroquias as “máscaras” están organizadas polas comisións de festas, que dese xeito teñen a oportunidade de ingresar os primeiros euriños do ano grazas a todo o “merchandising” da festa: as “vivas”, as rifas de porquiños e carneiros, a venda dos folletos cos textos das cancións…
    É unha animalada a pasta que custa hoxe soster as festas populares, o que obriga aos organizadores a buscar diñeiro de debaixo das pedras. Por iso se agradece tanto o que se saca no entroido. Hai quen di que en moitas parroquias xa non habería “máscaras” se non fose por esa necesidade imperiosa de financiación.

    Gústame

  5. Esas plumas de pavo real con esos ocelos pintados por el tiempo para ahuyentar los acechos , para enamorar también, ahora de copete de sombrero: ritos para que el hilo de la memoria nos una en el tiempo.

    Gústame

  6. bueno vakastolas, peor eu que escoitara falar deles desde pequena e non foi ata o ano pasado que fun velos…!
    Xenevra: e eu lin a chousa enteira e non lembro destes xenerais… claro que teño unha cabeciña… (hai tempo que quero ir ler os teus relatos, pero gústame facelo con calma e tempo)
    rubén, ese rito de la memoria sí nos une en el tiempo a los ancestros a los que transmitieron, y nosotros el eslabón de la cadena.
    xdafonte aportas un punto de vista no que non reparara… parece que as cousas aparecen porque sí. e, bueno, se é todo por la pasta,neste caso todos saímos beneficiados.
    Pitima: tí pensaches o mesmiño ca min.
    Mari: muller, estiven no teu pueblo, eran os “teus” xenerais…!
    Mariola: estes sombreiros sonche unha obra costosa de facer, todo artesanía e traballiño e ilusión. (levaríalo con tanto garbo coma estes mozos?) :-)
    Semillanegra: vente en carnavales y tendremos lacón orellas, filloas y pacíficos generales con sombreros de plumas…!!!!
    Antonio, Milu, Kaplan, Dilaida... unha lástima que sempre haxa quen amargue o entroido! (e a vida)
    Concha, Filispines, bicos again! :-)

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s