non pasa nada

Son tan pequenos os días, que non pasa nada. Levo dous en modo aforro de enerxía, inactiva, recuperándome da gripe. Dende a miña realidade non menos ficticia, emocionome coas lealdades e as traicións vivindo horas na mansión inglesa de Downton, onde residen os Grantham e o persoal ao seu servicio. Ambicións, segredos, amores ocultos. Estou tan metida na súa vida, que me sorprendo pensando neles, como se existisen, tan reais, ou mellor, tan pouco reais como eu mesma neste hibernamento, cando nada pasa.

23 opinións sobre “non pasa nada

  1. Pois cando se está en hibernación, o mellor que se pode facer é mergullarse noutras realidades e deixar que o tempo vaia esmorecendo entre anécdotas e historias alleas…

    Tamén, de vez en cando, mellor que non pase nada. O corpo e a mente precisan dun descanso, tamén… de vez en cando…

    Biquiños.

    Gústame

  2. Bos días amicus:
    Son vindeiros acontecementos os que nos incapacitan pra a actividade,
    Longa espera innecesaria que prolóngase unha eternidade
    Deixándonos fóra do combate sen haber, sequera, chegado á batalla.
    A influenza pon en alerta mecanismos de repouso e necesidade.
    Logo chegado o momento prepárase para a rúa, sáltase o valo.
    Sometida e esquecida isa barreira afrora outra máis canalla.
    É momento de repor a mente con bos paseos de verdade
    E gozar de cada un deles pra que corra o tempo á velocidade
    precisa sen que nos cause angustia a preguiza que todo retárdao.
    Mantendo costumes idénticos, propias da idade
    procedemos mellorados a desfacernos desa pesada ferralla
    O difícil está por chegar e iso non pódese evitala nin a Paz
    Queda moito tempo e con desenfados suaves pásase
    mellor , como a deses días de lenta e constante *poalla
    [*localismo das Rías]
    Breves saúdos menciñeiros
    DEICA LOGO AMICUS…

    Gústame

    • Bos días amicus:
      Son venideros acontecimientos los que nos incapacitan para la actividad,
      Larga espera innecesaria que se prolonga una eternidad
      Dejándonos fuera de combate sin haber, siquiera, llegado a la batalla.
      La influenza pone en alerta mecanismos de reposo y necesidad,
      Luego llegado el momento se prepara para la calle, se salta la valla.
      Sometida y olvidada esa barrera aflora otra más canalla.
      Es momento de reponer la mente con buenos paseos de verdad
      Y disfrutar de cada momento para que corra el tiempo a la velocidad
      precisa sin que nos cause angustia la pereza que todo lo ralentiza.
      Manteniendo costumbres idénticas, propias de la edad
      Procedemos mejorados a deshacernos de esa pesada quincalla.
      Lo difícil está por llegar y eso no lo puede evitarla ni la Paz
      Queda mucho tiempo y con distracciones suaves se pasa
      mejor , como la de esos días de lenta y constante *poalla.
      Breves
      Deica

      Gústame

  3. Tamén é necesario hibernar de cando en vez, e se levas á hibernación “algo” que che faga compaña e o mesmo tempo podas evadirte, mellor que mellor.
    A música no blog púxena porque hai unha emisora en galego que necesita ter oíntes para seguir funcionando, a dirección é esta http://www.radionomy.com/es/radio/anfiteatrogzradio/listen, eu lino no blog de http://manuellrodrigues.blogspot.com/.
    Non che marco o enlace porque non sei facelo nos comentarios.
    Bicos

    Gústame

  4. sempre pasan cousas… si non estiveras enfermiña, igual non terías tempo para ver a serie e perderías ese disfrute… que non quero decir con ésto que unha enfermedade veña ben, pero xa sabes, unha gripiña de vez en cando… que non, que non quero decir que pasar unha gripe sexa agradable pero é que estar en ese modo aforro-enerxía tamén é necesario… que digo eu que o corpiño que temos é moi sabio e entón as veces enférmase porque quere mimiños e contos e historias e aloumiños… hai unha teoría ó respecto disto, que non é que o inventara eu ¿sabes?…

    noutro orden de cousas… nacín no 62, así que si o 1,2,3, empezou no 72, si pode cadren as contas que na foto tivera uns 10 anos.

    biquiños.

    eu tamén te quero,

    Gústame

  5. Se cando temos que hibernar estamos acompañados dunha boa ficción, a disfrutar a ficción e esquecer a hibernación. Cando cargues pilas, esperemos que sexa axiña, ao mellor non tes tempo para ficcións e debes volver á realidade, q agora mesmo tamén está moi maliña… Q pase pronto a gripe

    Gústame

  6. É preciosa esa serie, comenza a segunda parte, os martes o que remate Gran hotel. A min gustoume moito, quizais por esas vidas paralelas que acontecen sempre na parte sur da casa. Ánimo, que a gripe só son dous días(bueno, ou tres). Biquiños

    Gústame

  7. Espero que te recuperes pronto amiga. Me gusta el modo poético en que describes el estado letárgico o de “ahorro de energía” en que te encuentras. Tomar con humor los estragos físicos de un señor resfriado es bueno.
    Quiérete, mímate, ALÍVIATE.

    Besos

    Gústame

  8. Ya te llamé antes afiebrada perpetua, y te recomendé el ungüento de un bosque de eucalipto en las yemas de los dedos de tu madre en el recuerdo. Deambular sola en la cama sin nadie que te pase la mano por la frente puede ser duro pero quizás algo se está acercando ,alguien que sube por tu calle y que espera como tú.
    Bicos

    Gústame

  9. Querida Zeltia, cando se está enferma, os ánimos están baixos, así que hai que aproveitar para recibir mimiños. Tamén así podes disfrutar de cousas e momentos especiales que o longo da semana por traballo non poderías. Mírao desta maneira, aínda que non e para nada agradable estar enfermo. Tes que verlle a parte positiva. Eso sí, non hai nada mellor que a saúde.
    Coidate moito e sé feliz!! Un abrazo.

    Gústame

  10. Estas pachuchiña Zeltia??? oh oh oh!!! mmmmm recibe pois mil biquiños cheiños de ganas de que te mellores :)

    A verdade que iste tempo e moi dado a coller virus dispostos a enchernos de ganas de hibernar, a poder ser no sofá cunha boa mantiña :)))

    Biquiños a moreas!!!

    Gústame

  11. Eu seguín a 1ª temporada en antena 3 a primavera pasada, e xa espero con impaciencia a 2ª, que agora anuncian.
    Sei o que sente: a min tamén me gusta meterme de cabeza na vida destes personaxes, e (como creo que pensa todo o mundo) a vella Grantham daría para unha serie ela soíña.
    Repóñase ben desa gripe, que pronto terá que cantar panxoliñas e a voz cómpre tela ben afinada.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s