un reflexo máis

Son as mesmas ventás da Mariña cás de hai cen anos. Somos os mesmos paseantes. Alí sigue o noray nº 7.
Cólgalle á tarde do sábado unha nostalxia de domingo tan fonda que nin o ar quente lle escorrenta o gris desfiañado.
Na súa bastilla descosida agocho eu a miña melancolía. Hipnotízame o movimento da auga até converterme nun reflexo máis.

Advertisements

18 thoughts on “un reflexo máis

  1. Bos días amicus:
    Que bo todo.
    Ese “norai” dos sete días da semá do que xa falamos en conversa tranquila e que eu creo xa reflectiches anteriormente, produce nostalxia e acougo.
    Se xa é bela cidade esa, máis aínda desde o teu punto de vista.
    Curioso é que cando falamos de outono sempre relacionemos follas caducas e chan, entre outras.
    Bonísimo todo; sublime, coma sempre.
    Breves e outonais saúdos.
    Deica logo amicus…

    Gústame

  2. quédome totalmente abraiada coas túas composicións de fotos e músicas… son unha pasada, en serio… encántanme.

    dícoche como Raúl, creo que tes un talento moi desaproveitado… é un pracer velas.

    biquiños,

    p.d.: pola noite colgairei un post e deixarei un enlace o teu blog, si non tés inconviente.

    Gústame

  3. Joder Zeltia, estou tentadísima de pedirche que me fixeras unha reportaxe destas con imaxes dos meus pes, pero claro non terá tanta inspiración para ti os meus pes que a mariña e a min dame vergonza cho pedir. ( nin eu llo pedín, nin ela mo deu).
    Brava!

    (pola miña terra dise: qué bonita é Coruña, se non fora polos coruñeses, pero eu nono digo eh!)

    Gústame

  4. e eu sigo dicindo que moito me mimades; entretenme moito facer estes videoclips, quero aprender e que algún día sexan certas esas cousas que agora me decides dende a simpatía :-)

    susana: os teus pés inspiran a media humanidade! ;-)

    Chousa: tes razón no de filosofar…

    Deixóvos un bico por aquí. Sempre agradecida por pasarvos por este meu espacio onde gardo tantas cousiñas da miña vida.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s