saturnina

Ooooh, que mono! 
Para ela todo é mono: os canciños, os gatos. As serpes son monas, os morcegos, o dragón de komodo é mono. Fran de la Jungla é mono.
Pero non pensei que se atrevese a aparecer cun hámster na casa sin pedir permiso e aproveitando a miña ausencia do fin de semana. Odio eses marditos roedores .
[Inda lembro aquel que tivera o meu fillo, tan bonitiño e dourado que, nunha noite, me roeu a cortina do dormitorio.]
Só se estou pagando un karma [ pola vez que lle aparecín a miña nai na casa co can aquel das cicatrices e a pel enferma ] podo aceptar o feito de descubrir á mañá seguinte que o hámster era femia. As 7 sorpresiñas sin pelo, feos e cegos, colgaban das súas tetas nun niño improvisado. [Seica é difícil ver se unha femia está preñada, pero distinguila dun macho é sinxelo: os machos teñen uns collóns tan desproporcionados que non hai dúbida.]
E, se non tiven corazón para obligar á rapaza a volver á tenda coa gaiola chea de hamsters, menos o ía ter para tiralos polo water como todo o mundo me aconsellou. [ Estás mal de la cabeza? en un mes estarán follando como locos, otro mes más y tendrás 30 hamsters!]
I see. Pero a natureza é sabia.
Menos mal que xa lera o das proteínas e todo iso cando lle vin agarrar un dos fillos con esas manciñas e poñerse a comelo coma quen come unha castaña. Inda así non me pasou a impresión en horas. [Saíalle unha manciña por un recantiño da boca]
– Y por qué le llamais al hámster Saturnina?
– Por nada, por nada.


P.S. Danse hámsters de balde

19 opinións sobre “saturnina

  1. No, thanks! Desde o da pobre cadela Boni, neste tobo non entran outros animais que os que poidan ser devorados (por nós, enténdase) e para iso, mortos.
    Eu tamén estaría molesto con eses roedores na casa, pero tranquilízame comprobar que vde o tomou cunha serenidade digna de Gandhi. Parabéns.
    (o de tiralos polo wc pareceume unha monstruosidade, claro que non se me ocorre nada diferente; as novelas negras que leo só suxeren métodos -falibles- para cargarse a xente)

    Gústame

  2. Roedores…

    Sí, unha monada…

    Pero non, non nunha gaiola dentro da miña casa… Xa teño bastante cos do garaxe que non dan marchado. O meu fillo ten medo de cando lle caian os dentes e veña o ratonciño Pérez… non o vaiamos a cachar en plena noite e lle demos un trastazo mal dado….. pobre…

    Di que si trae un xoguete algo grande ó mellor necesita axuda doutros ratonciños… polo peso e tal…

    Aisss… estes nenos…

    Con toda esta historia lembreime destes posts meus:
    http://pitima.blogspot.com/2008/02/arte-o-antropofagia.html
    http://pitima.blogspot.com/2008/03/instintos.html

    Un bico.

    Gústame

  3. Ai, Zeltia! Se a min me ocorrese algo semellante, non sei como reaccionaría… Non soporrrrrto eses roedores!!
    Pero mira ti, grazas á entrada en escena de Saturnina (acertadísimo nome:-)), aprendín moito sobre os “cricetinos” (cliquei en todos os enlaces que ti nos deixaches; e, picada pola curiosidade, seguín clicando noutros e noutros… Como conclusión: se no futuro alguén me aprecese na casa cunha mascota, por sorpresa (que non sería difícil), espero que sexa un “Canis lupus familiaris”, ou sexa, un precioso canciño!
    Ánimo Zeltia, a coidar dos hámster-iños, que son monísimos:-)
    Ogallá que a camada fose disminuíndo;-)

    Grazas por relatarnos a historia con tanto humor.
    Bicos dezás

    Gústame

  4. É bastante habitual que unha femia (falo de cans) , se é primeiriza, coma os cachorros porque non sabe o que son ou non pode alimentalos a todos. Está visto que os hamsters fan o mesmo. Sorte para regalalos.

    Gústame

  5. Mascotas, pola miña casa pasaron varias. Ao pouco de casar pasamos algún tempo vivindo en Melilla e o meu marido tomou como mascota un camaleón, a min non me podía ver, bufaba e púñase de cor amarelo todo inchado. Un bo día marchei da casa e deixei a porta aberta, cando regresamos xa non estaba, aos poucos días vin que o tiñan os veciños.
    A maior das miñas fillas fíxose cunha iguana, tróuxoma para a casa, menos mal que estaba nun terrario e non saía nunca, despois tamén trouxeron tartarugas, paxaros… e por un aniversario do meu fillo as irmás mercáronlle un hámster. O bicho pasaba o día dando voltas nun aparello que tiña na gaiola, un bo día apareceu morto, o meu fillo pasou o día chorando, pero eu respirei tranquila.
    Dende entón, só entran na casa cans ou gatos e para iso están na finca que non molestan a ninguén.
    Bicos

    Gústame

  6. Escribes moi ben, pero non pensas con xeito. Cajonatós, Zeltia: tés na casa un Goya e, en troques de fotografialo para facer cartos, ofreces ratospararicos de balde.
    O de bautizar ó bicho con ese nome é un brinde para intelectuais. Pareces Papandreu, que tivo un ataque de democracia hoxe á mañá…

    Un bico (ratos non quero, que xa teño topias abondo no xardín)

    Gústame

  7. Quizás se coma a algunos hijos para que sobrevivan los demás o por no reconocer el olor de sus crías al ser manipuladas. Para rata el hombre no hay más que echar un vistazo a la historia que tenemos y de mascota ni a uno mismo que nos traicionamos demasiadas veces.
    Bicos

    Gústame

  8. Un día veu o meu fillo pequeno con dous hamster metidiños nunha caixiña, non tiñamos xaula e deixeinos na caixa ata o día seguinte, cando fomos mirar roeran un buratiño no fondo da caixa e sairan de paseo pola casa, vinme negra para atopalos, pero desfixenme deles aquela misma mañá decíndolle ao neno que escaparan porque preferían vivir en liberdade.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s