o primeiro día de outono que prendín o lume [presentación de fotos]

Amenceu,
fíxose a noite
e deixaron
de voar
os paxaros
(Francisco X. Fernández Naval)

O meu paseo imaxinado, desexado. E atravesando o camiño  tres cervas dando brincos, desaparecendo entre os fentos, deixándome nos ollos o asombro. [Inda que ás miñas costas me sigan as sombras do baleiro.]


Estou aprendendo a usar un programiña de edición de vídeo e quero darlle as grazas a Falabarato que mo ofreceu. Tamén por pasarme a música e, sobre todo, pola súa influencia 

Advertisements

14 thoughts on “o primeiro día de outono que prendín o lume [presentación de fotos]

  1. Nos tamén prendimos o lume onte por primeira vez na tempada.
    A nena quería tocar… Agora non paaaraaa…

    Ter onde facer un lume éche unha experiencia das primarias, das que me gustan a min…

    Bonito video. Os paxaros danzaron para vos como mínimas notas musicais no diagrama dos cables da luz…
    eu agora teño coma un sexto sentido… En ocasións… vexo paxaros……………. jaja
    Bicos!

    Gústame

  2. No que vai de outono, antes inclusive, non deixei de ver o lume. O lume salvaxe asolando as terras de Guntín, día tras día, sabendo que na noite había volver rebrotar.
    Tamén souben que amenceu Ourense cuberto de cinzas, non son nos ollos, tamén nas almas.
    O lume que facía o lar das nosas casas agora é instrumento vampírico nas mans dos desalmados.

    Xenial a música e o vídeo, Zeltia

    Gústame

  3. Pois eu agora mesmo estou a contemplar como chove e pódeche asegurar que poucas veces me deu tanta ledicia a choiva.
    O vídeo vereino esta noite, agora mesmo estou na finca e aquí a conexión é das cutres e non pode.
    Bicos

    Gústame

  4. Que fermoso intre querida Zeltia… que ganas tiña de me recrear entre os dourados e os ocres… faltabame o cheiro a terra mollada. Caseque puiden palpar o outono coas tuas imaxes.

    Bicos a moreas :)

    Gústame

  5. Agradezo as túas grazas, Zeltia, pero xa sabes o moito que me gusta que as cousas circulen. Alégrame comprobar que vas tirando partido destas novas ferramentas: sorte para nós, que gozamos dos resultados do teu traballo.
    Bico.

    Gústame

  6. Bos días amicus:
    Por fin chove no alto do ceo. Inda que poidera parecer unha paradoxa , non é mais que un recurso (nos dous sentidos, no das verbas e no das augas) que ven caído do mesmo.
    Algunas entradas, donde se incluyen videos, se hacen imposibles según en que lugares y esto hace que no siempre se pueda contemplarla en su totalidad y reunir así la idea clara, que, como las gotas de lluvia todo lo reverdecen y clarean ( como la ropa tendida sobre la hierba de cuando éramos pequeños).
    Lo pude ver en otro lugar y por casualidad. Esto me lleva a pensar (cuando pienso) que el paseo de entre fentos se me hace de “fentoso, faustuoso y defenestroso (defectuoso)”. Helechos ( al helecho pecho, dice el refrán mío) que habiendo secado soltaron sus esporas al suelo para llorar sin retención a sus posibles hijos en un terreno casi seco. Alguna germinará y todo, ya se ve en el video, o lo que quieres mostrarnos, retornará con el mismo ideal que llevas.
    ¿Son esas grises y pesadas las que agostaron el campo?
    ¿Son esas mismas otras las que tras de ti te producen falta de luz para iluminar el camino; cuál es su origen?.
    De cualquier modo las aguas, aunque algo tardías, llegan y con ellas en las laderas arrastrarán una vez más esas semillas que flotarán instantes y fondearán sus ideales en el lecho de un turbio río.
    [PD: O video é caralludamente bo.] :-)´
    Breves saúdos.
    Deica logo amicus.

    Gústame

  7. Pois eu non dou visto o vídeo; en canto premo no avance cáiome do explorer. Síntoo.
    E si, tamén aquí se deixa sentir o outono verdadeiro, aínda que acendamos a calefacción de fuel e non a lareira, cachis!

    Gústame

  8. Un vídeo moi fermoso e con variedade de imaxes que permiten ver como percibes o outono. A luminosidade do outono queda ben patente. E os camiños galegos, que entrañables nesta época. Que pracer pasear en outono por eles.

    Gústame

  9. Beato, eu tampouco podo ver o youtube en “según que lugares” [eses cabróns…! ;-)] -por certo, esta vez non entendín as lecturas subliminales; para iso a que vale moito é Pitima, que é lista coma un allo, e coincidimos prendendo o lume o mesmo día despois dun verán que durou e durou e durou… tanto como para que os incendios deixaran a terra nosa coma un chamizo, como dí Xenevra, non é de estrañar que Dilaida ,Harmonía e Milu mostren o seu contento pola chegada da chuvia.

    O outono é estación que tamén a min me encanta, como a filispines, a merce e a tanta xente. Inda que tamén arrime algo de melancolía, e as sombras ás costas poden parecer ameanzantes, Rubén, pero á fin, as dúas caras da vida, non si?

    Kaplan: a vostede dalle problemas o explorer?, cambie de navegador home! non é para que vexa a miña presentación de video, que xa ve que me fan eloxios: “otoñísimo” me ha quedado dí raúl!

    bueno, disfrutei moito no paseo, facendo as fotos, editando o video… e todo grazas a xdafonte que me facilitou as ferramentas para poñerme á faena.

    agradecida de poder compartilo.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s