ourizos e degaros

Hoxe espertei aterecida co frío. Parece que agora sí o outono. Que o outono agora sí.
Vestinme de ilusionista da nada e escorrentei o arrepío.  Pregunteime como sería o cheiro esta mañá na Childhood Land mentres arrastraba as zapatillas cara o baño.

[ Querería facer lume alá. Asar unhas castañas. Mirar como aboia o fume azul riba do tellado. Sería bálsamo, esconxuro. O meu degaro]

Dun castiñeiro de Culleredo,  A Coruña. Outubro, 15

Advertisements

17 thoughts on “ourizos e degaros

  1. As castañas dos castiñeiros e as landras dos caraballos van caíndo. Cando salgo de traballar podo apañar de enriba do meu coche mostras do outono que vai entrando.
    A luz mudou e a airexa fría das mañás bate no rostro…

    Pero non chove! Será posible?

    Gústame

  2. paseille o pronto e despois o pano

    ;-)

    bicos, Susana, e grazas a todos por pasarvos, e as castañas da foto están para comelas, non si?, (caerán, caerán asadiñas moi pronto)

    Chousa: viches? temos conexión eu máis tí!! [pero non sei que pasa co teu último post que non atopo onde falar]

    Gústame

  3. Ahora que hacen bolsillos de diseño, ropa ajustada, no sé dónde voy a meter esas castañas calientes: el radiador de mis manos de algunos días fríos de invierno. Ver esa foto y ahí estaba la mano de mi chica dentro del bolsillo de mi abrigo. Las compraba para eso.

    Gústame

  4. boeno boeno boeno…

    ¿É casual o parecido con tres pequenos paxariños apretuxados no niño con fios de comidiña no pico?

    E eu foi o primeiro que percibín….

    Preciosa mirada!

    eu andiven maliña cun virus deses estomacais que che fan pensar que morres….. Afortunadamente agora xa vou erguendo a cabeza, pero aíndo non estou para un magosto… non

    Bicos.

    Gústame

    • Bos días Pitima:
      [Con el permiso de Z]
      Es fenomenal ese parecido que dices, mas, incluso podría ser el pico abierto de un cuco deglutiédolas. Está la comisura lateral de la boca recién nacida en el nido la que la hace inconfundible; trasladado a otra desventurada casa ajena.
      Qué buena vista y con ese plumaje reciente, incipiente, puntiagudo. Qué aguda…jeje.
      Deica logo.

      Gústame

    • a repoñerse, que o magosto non se pode deixar pasar! e que bonito deixar recordos imborrables destas datas na memoria do reisiño…! que envexa, pitima. [Eu andaba a recuperar a miña casiña de chocolate, non estaba para xenerar lembranzas… e inda así algo bo seica fixen; pero necesito pedir confirmación de cando en vez]

      [agora que falades do niño e dos paxariños… pois levades razón!]

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s