mensaxeiros do outono

Cando os días minguan os azafráns silvestres medran. Nos campos, nos montes. Mensaxeiros do outono poboando o mundo. [E sempre a mesma enigmática sorpresa, aquela íntima lembranza.]

 

Cólquico ( Azafrán silvestre, Papamerendas ) nun monte no lugar de Marcón, Concello de Silleda

15 opinións sobre “mensaxeiros do outono

  1. Ai! E ademais dos azafráns silvestres para anunciar o outono, non podía vir un bo golpe de auga? O outono sen chuvia non é outono.

    Boto de menos esa auguiña maina, pero persistente, a que enchoupa a terra e a fai reverdecer, a que fai que asomen os cogomelos, a que limpa os poeirentos camiños, a que refresca os sentidos requeimados por un verán que está a volverse eterno…

    Gústame

  2. Ti que sabes Zeltia: ¿¿é a autentica flor do azafrán??

    É unha foto preciosa. Sempre posan moi ben estas flores porque as súas cores vense enmarcadas con eses grises e pardos do outono.

    Eu teño unha foto con unha desas flores no meu salón, enmarcada. Fíxoa a miña irmá. Parece unha fotomontaxe, como se tintasemos só a flor no medio dunha escala de grises.

    A min paréceme que xa falaramos outro ano de estas flores ¿verdade?

    Bicos!

    Gústame

  3. hay mucha belleza escondida en los montes de Galicia, lo malo es que entre la sequia y los desalmados piromanos me la estoy perdiendo un abrazo y como siempre gracias por tu espacio! besitos

    Gústame

  4. O azafrán silvestre non é comestible, raúl, é tóxico; [oiches, Pitima?] pero a mín sigue producíndome o mesmo asombro que me producía de nena ver como, da noite para a mañán, xurdían do chan esas froliñas… é como se a vida me puxera diante unha alfombra de flores, recibíndome o día como a unha princesa dun conto de fadas.
    Creo que é a única cousa no mundo que pensei que era para min, porque sí, algo bonito para compensar.
    Quedei presa daquela sensación inefable. E esa maxia aínda me envolve por uns segundos. Cada ano, Paideleo, sí, porque como ti dis, todo se repite. [e cada ano parece que máis pronto!]

    Creo que se poden cultivar os bulbiños… heime enterar.
    [Estendereime eu a min mesma a miña propia alfombra de flores que me recibirá de pronto un día pola mañán. En segredo a natureza traballando para os meus ollos]

    E hoxe toca alegrarse con este día neboento e algo frío, en contraste con tanto sol que tivemos ata agora, que tamén o disfrutamos, Kaplan, pero precisamos a auguiña, certo, como dí a nosa Nena do Paraugas… [a ver se así todo medra, Chousa!] ;-) A ver se así non se confunden os estados de ánimo, Milu; a ver se a terra se enchoupa e inda podes ver algunha este ano, Dilaida!

    ¿gustouche a foto, Raposo? é fácil atopala bonita cando a beleza só está aí… recollela cos ollos, cunha máquina, é cousa doada, Harmonía, como tí ben sabes… e, como di vampyevil hai moita beleza polos nosos montes. [e ata polos pedregais, onde Rubén sabe ver raios azuis, bandeiras de lume… [en cambio tí, Susana, tan práctica -depende do momento, non sí?]

    Enchería o blog destas fotos, desaparecen tan pronto…! só por elas xa paga a pena desexar vivir de novo outro outono.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s