o ceo sobre berlín

Hoxe pasei polo sitio onde tivemos que parar aquel día.
Recordei como empezara a caer a chuvia embarrando o po do parabrisas, as gomas dos limpas gastadas. A través da cortina de auga as luces dos outros coches compoñían un abstracto en amarelos e vermellos na escuridade. Eu tan nerviosa, sin ver nada, supoñendo a carretera. E tí dixeches bótate a un lado, xa me ocupo eu. 
[ fuches comigo coma un daqueles de o ceo sobre Berlín ].

22 opinións sobre “o ceo sobre berlín

  1. Tomar la rienda de algo que al otro le supera como ir al desván donde algo corre por el suelo. Como llevar el coche por caminos de hielo para que ella vea la cortina helada del agua del río. Ser hombre para ella. Esa fuerza que tenemos que consigue luego que una mano se pose en tu pierna.

    Gústame

  2. Se alguén sabe onde conseguir un anxo da guarda, por favor, que me avise, que nunca tanto o necesitara…
    Nas Páxinas Amarelas non veñen, xa busquei… É un alivio saber que sí que se poden atopar, como demostras ti :)

    Bicos anxelicais

    Gústame

    • a presenza do anxo da garda é tan sutil que non a percibes, só de pronto, cando é necesario, rózate por un momento, percíbelo.

      [os anxos da garda cambian de apariencia, non teñen sempre a mesma face, pode que por iso non te deas conta; ]

      Gústame

  3. Cando acabei de ler o post tiña a imaxinación desbordada, créame; cos comentarios a cousa volveu ao seu, principalmente por esa alusión aos anxos de garda. Non vai contar máis?

    Gústame

  4. ¿Qué tendrán las gotas de lluvia, que parece que lo vuelven todo más bonito? Debe de ser nuestra humanidad, que las toma como filtro regenerador. Quizás.

    Venía a preguntar si hallaste a tu sentido del humor. Y me voy mojada.

    Te dejo un abrazo enorme.

    Gústame

  5. Qué fantástico que un bo tipo te bote unha man -ou dúas- qué ben saben facelo cando saben facelo ben.
    Pero por favor, anxos da garda con sexo, nada de querubines.

    Estou con Kaplan, cóntanos mais, oh!

    Gústame

  6. ¡Fermosisima imaxen a da foto! Isas pingas de auga bicando o verde follaxe…
    E que sorte ter un anxo da garda capaz de poñerse ó volante do automóbil. O mércores pasado pola tarde tiven que ir a Ferrol para un funeral y volvín xa de noite, Paséi moito medo ó darme de conta ca miña visión xa non me deixa conducir ca seguridade con que o facia antes. O meu anxo no era visible pero xuro que veu conmigo porque cheguéi.

    Bicos.

    Gústame

  7. Bonito de verdad, eso me hace recordar las veces que iba en coche con una lluvía espectacular, muerta de miedo…me da pánico la gota fría cuando conduzco…y la niebla ni te cuento….pero siempre hay algún ángel de la guarda que toma las riendas….

    Gústame

  8. Un texto moi fermoso e emocionante. Felicítote. A vida esíxenos ser fortes, mais ás veces un pode cansar na loita…e nesas reconforta tanto percibir unha man no ombreiro para coller forzas e continuar! É certo que existen, aínda que con frecuencia erramos no rostro que lles poñemos.

    Gústame

  9. Bos días Z:
    Non creo nos anxos da garda (nin nos mangas verdes)
    Se crese neles tería que aceptar outras tantas cousas tan supersticiosas como isas, produto do orfismo que aínda pesa sobre o pensamento.
    Non creo en nada, coma dixo Lenon…Só creo nas persoas que me rodean ou pertas a min. En que esa axuda é produto da axuda próxima.
    Idealizar esta circunstanza é someternos a un idealismo que só engade interese en quen o alentan.
    As imaxes da película poderíanse interpretar coma propia conciencia racional, mais o feito de mostralo asiña é unha vaga esperanza a que sempre deberiamos esperar algo de alguén e isto é o que desexan algunhas institucións para ternos amarrados. Monopolizan “figuras”, as cales sacralizan, as mitifican e logo de cinco mil anos aínda seguen crendo en trasgos…
    Inda que usádemos certas cousas pra debuxar, mais só iso son…debuxos.
    Unha aperta longa, un anaco de saúdo.
    Deica logo amicus.

    Gústame

  10. >Baron da Varonceli: os anxos da película, só son unha excusa para a reflexión, non teñen nada que ver coa relixión, e os amigos que me axudan desinteresadamente nun momento en que o preciso, tampouco son anxos.
    Isto do texto, [foi máis axuda da que se conta] resultoume tan conmovedor e fíxome sentir tan ben, que me deu a gaña de idealizar o momento; algunhas vivencias prodúcenme un sentimento cheo de beleza e gústame envolvelos nese lirismo poético cando falo deles.
    <Antonio: gracias, el finde está siendo largo y muy agradable.
    <Rubén: veo que te encanta ser ángel [y ahora, en estos momentos difíciles, seguro que lo estás siendo]
    <ñOCO: non lle poñas ás aos teus anxos, non che importe que sexan algo pecadores, míra cos ollos do agradecimento, e seguro que os atopas ao teu carón. [despois desta frase que me dean un púlpito]
    ves? a nena do paraugas vén dicindo o mesmo, pero mellor.
    (a min tamén me gusta esa foto, non sei polo que… se cadra e esa miserable margarida blanca no medio do verde, tan mollado)
    <Kaplan: fíxome rir con iso da imaxinación desbordada; comprendo: a intimidade do coche rodeado pola chuvia… nós parados no medio da noite… [ e este anxo é atractivo; e ten sexo, asegúrollo; mais non ía ser todo perfecto, comprendao ] ;-) (liches, Susana?)
    <Chela, a min tamén me custa moito conducir de noite e con chuvia; pero con ese problemiña que tes, (canto me alegra que non seguira medrando) se podes evítao.
    <semillanegra: por tu tierra cuando llueve, es que llueve de verdad! aquí llueve como si el cielo llorase.
    <Raposo, xúroche que crin ler “no fondo dun vaso” (será porque eu hai cousas que só atopo alí)

    <filispines: o teu comentario chegoume.

    <Pitima, milu, Dilaida… moitos bicos!

    Gústame

  11. Eu tamén creo nos anxos da garda. Ás veces non nos damos conta de que están ahí, ó noso lado. Pero un simple xesto, ou unha mirada e percibes a súa presenza.
    Vexo que ti xa atopaches un. Disfrútao.
    Gustei do texto e da foto, case se poden saborear esas gotiñas de chuvia.
    unha aperta.

    Gústame

  12. sei que os anxos existen… pero de tódolos modos si ese anxo non estivera ó teu carón nese momento, non teño ningunha dúbida de que sairías igual de airosa da situación. o que pasa é que ó mellor pasabas un mal ratiño… e tamén e bó descansarse un pouco nos que nos queren, deixarnos querer e coidar.

    ogallá que ese anxo siga todavía ó teu carón.

    biquiños,

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s