a liña de verlaine [presentación de fotos]

Con esta caloraza custa traballo sentir que o verán rematou. Alá van todos eses días na conta do vivido. Días nos que fun retomando a terra. Re-coñecendo antigas caras [ as nenas que fomos, agochadas entre as engurras ] Atopando outras novas [ quilómetros polos trazos debuxados ] Afondando na amizade [ os brazos, perplexos ]
E este verán asumín que tamén eu, que eu tamén, a líña de Verlaine.

Unha escolma de imaxes para lembrar só algúns dos momentos bos que volvería a vivir.

 

26 opinións sobre “a liña de verlaine [presentación de fotos]

  1. Pois vai ser que esta sequía vai para longo. O cal me amola, pois teño que seguir regando o pouco que queda na horta. E ata non sei se acabarán por se me derreter os miolos!

    Do verán? Moitas e poucas cousas. Tantas coma as que en tan poucas palabras amosas…
    As imaxes ben fermosas!

    Gústame

  2. Pois mira que puxeches un vídeo ben fermoso, é precioso.
    Sobre a calor xa é mellor non falar, onte tivemos en Ourense 32º e isto segundo din vai seguir…
    Penso que tes razón e xa é hora de que actualice o blog, teño que volver ao ritmo de sempre porque isto vai levarme a unha depresión e iso teño que tratar de evitalo, na miña familia hai moita xente que me necesita e esta fin de semana viñeron verme os meus netos ferroláns e quedei cansa de correr detrás deles pero moi animada.
    Bicos

    Gústame

  3. Non vos dicía eu que o verao estaba a comezar? ha ha ha os meus tomates están a florecer de novo.
    Agora que aguante unha semaniña con sol, para o san froilán.
    Eu tamén pasei a raia, os 50, a metade da vida….

    Gústame

  4. Moi fermoso o vídeo e o texto.
    Hai moitas cousas que non esqueceremos nunca.
    Hai unha nena dentro de nós agochada, pero que está sempre ahí e aínda podemos vela se a buscamos.
    O paso de tempo é inevitable pero me gusta que se asuma como algo natural. E que sigamos adiante con alegría , con forza, con engurras, con paixón…
    un bico.

    Gústame

  5. Bos días amicus:
    Si hablas del tiempo y de la línea de Verlaine (suena a “línea de ver”) es una situación que ya se repitió…
    “Aquella edad que ya , con probabilidad, no puedas doblar esa es la que te define como mayor.”…
    Y otra:
    ” Cuando alguien te dice que pareces más joven de lo que aparentas, entonces es cuando ya eres …viejo”
    Breves saludos e apertas longas pues fugaz ya la vida es.
    Deica logo amicus.

    Gústame

  6. Unha montaxe preciosa de ver e escoitar… Moi ben feita, sí.

    Onte comentábame o Druida que o ano pasado, en quince días estabamos na neve….. a poucos kilómetros daquí….

    Un pouco de chuvia non viña mal.
    Pero xa falabamos do outono perezoso que non quere vir hai dous anos…
    O verán é cada vez máis longo…
    Sequía..
    A vida… que se vai polo sumidoiro…
    Pero boeno… non nos poñamos depres tan cedo…

    Un bico Zeltia!

    Gústame

  7. Zeltia, me ha encantado el vídeo y las fotos y la música¡que decirte! me has hecho añorar Galicia, ¡hace ya dos años que estuve!…el pulpo, los paisajes…..y todo. La foto del escaparete es curiosa, esto por aquí no se da, lo he visto allí y en Cervera de Pisuerga y me llama mucho la atención….bss

    Gústame

  8. Longo? mecajonrós. só son catro minutos :-)
    pero sí, claro que longo, regalarme 4 minutos do voso tempo, cantos minutiños de atención que vos agradezo,

    E non agradezo menos os que non respondín de maneira personalizada… e só que non quero deixar isto todo perdido, ciscado de comentarios meus… :-)

    Gústame

    • que simpático, chousa, non veñas presumindo de cincuentañero novechiño…! [e, bueno, para ser honesta e non poñerme literaria, confesareiche que eu nunca esquecerei unha liña de Verlaine, porque non cheguei a memorizar ningunha!]

      Gústame

  9. vaia que presentación nos deixaches… quedo abraiada… esas fotos todas dín tanto de ti… gústanme todas… todiñas.

    é tiveches unha boa idea formando un todo coas imaxes repartidas (supoño) polos diferentes días do verán.

    eu non teño liñas… pero os 50 xa me quedan ven cerquiña…

    biquiños,

    Gústame

Deixar un comentario