Topic foro gatos: mi gato odia el trasportin
Pero tí es un gato ou unha pantera? Nunca escoitaches iso de que non se debe morder a man que che da de comer?
Leveite comigo para que andiveras ceibe cazando saltóns polo xardín… E agora non queres entrar no trasportin para volver? Pues ahí te quedas! En prisión domiciliaria, a pan y agua. E madia levas non te botar a vasoiradas para o monte, que te coma un raposo ou unha donicela [a ver como lles bufabas e lle regañabas os dentes]
Non te pareces en nada ao gato da tasca mariñeira:
De Falabarato tamén recibo o Sunshine award. En agradecimento eu teño que facer rular o meme mandándollo a outros 12 (doce!) blogs. [Intentara safar deste cometido cando hai uns meses mo agasallara Arume dos Piñeiros, pero desta vai]
Nomearei para o Sunshine Award aos 12 blogs máis antiguos [dos que teño enlazados.] Ese é o meu criterio de elección.
1. Robinson en Ithaca (Reincidente) [2005]
2. Leo e os seus [2006]
3. A cova do raposo [2006]
4. Estámosche ben [2007]
5. Chousa da Alcandra [2007]
6. Interpretasones [2007]
7. Harmonía de Cores [2008]
8. El cuaderno de poemas de Rubén Lapuente [2008]
9. Todo a cien… o a menos [2008]
10. Erotómana [2008]
11. Mixiriqueiro na fábrica [2008]
12. A leira das raíces verdes [2008]