Tout va bien. Le vent se lève…

Levamos libros, pero lemos pouquiños párrafos. Culpa da calor. Culpa da beleza. Culpa da felicidade [ efémera.]
Eu revestindo o día de excepcionalidade, vivindo como un agasallo extraordinario o xantar campestre [ Pícnic casi decimonónico: detalles exquisitos.]
Esvarei a mirada pola lonxana liña azul dos montes, a brisa quente baixo a sombra acolledora. Pensei que sinxelo, pensei que complicado. Hai cousas que eu nunca hei ter.
Tout va bien. Le vent se lève… Je tente de devenir libre et sage. [ O libro está plagado de citas ]

á noitiña un alto no parador de monforte para unha copa de viño de monterrei

19 thoughts on “Tout va bien. Le vent se lève…

  1. mar e lúa vin que retomaches a actividade do teu blog, benvida de novo!

    un saúdo para todos nestes dias calurosos (non vos derritades)
    eu estou no campo, disfrutando á sombra da parra da compañía dos amigos e amigas e polas noites escoitando os grilos e a curuxa e flipando coas estrelas e os aromas da terra

  2. Ai, ai! No parador de Monforte, viño de Monterrei? Quizais estaba máis cerca o de Amandi, que non ten nadiña que desmerecer!

    En fin, que vexo que gozas do momento, o cal me alegra.

    A ver se amaina a calor e chove dunha vez, que se me vai estragar a tea do paraugas!

    Biquiños suados… e derretidos.

  3. Es que, si felicidad no fuera efímera, no la valoraríamos como felicidad. Eso lo sabe todo el mundo. Lo sé hasta yo, que estoy loca.

    ♫♫ ¡¡¡QUEREMOS VER AL PAPA, AL PAPA BENEDICTO!!! … ♫♫ ♫♫ ¡¡¡QUEREMOS VER AL PAPA, AL PAPA BENEDICTO!!! … ♫♫

  4. Eu levo tanto tempo feliz que xa empezo a sospeitar….
    ¿Estaréi soñando? ¿Son unha ilusa? Ou peor… ¿unha idiota de sonrisa bobalicona estúpida de partirme a cara?

    Encima presumo.

    A desgracia andará a buscarme???

    Na… so é por amargarme un pouco e así conseguer alongar o clímax….

    Non se permite ser multiorgásmica neste val de bágoas… jajaja

    Creo que boto de menos a Susana… jajaja

    Un bico galego (e que o francés…. nunca foi a miña língua extranxeira)
    Falo, do idioma…. claro.
    Xastamos.

    • véseche que botas de menos a Susana! [porque falas de multiorgasmos e do francés…]
      e fíxome sorrir o de “a desgracia andará a buscarme?”, esa crenza que nos incrustaron no ADN de que se somos moi felices a desgracia está a caer sobre nós…!
      e pode que non teña que ver coa educación xudeocristiana, se non con algo moito máis universal: o equilibrio, as dúas caras da moeda, el haz y el envés

  5. Viño de Monterrei, vida campestre, e lecturas… que máis se lle pode pedir á vida… Iso é o que algúns lle chaman il dolce far niente… que pracer… un dos mellores das vacacións, aínda que sexa breve.

  6. Ando a observar últimamente unha certa tendencia ao “morapio” (aclaro que así lle chamaba o meu proxenitor ao licor da uva). Qué ben te coidas, rapasa…

    Cada día que pasa escrebes millor. E tes a virtude de porlle non só palabras senón tamen arrecendos e ventos e olores… Se cadra mesmo es quen de materializar o viño con catro estrofas… Non me digas iso, que fagho unha loucura, eh??? ;))

    Bicos e lembranzas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s