a influencia daquela lámina do misal

De pequena alguén me regalou un “misal” no que había unha lámina que representaba o inferno. Nela podíanse ver milleiros de serpes que se enroscaban nos membros dos condenados, entrábanlle pola boca, saíanlle polos ollos.
Esta foto dun tal marra levoume de súpeto ao banco da fría igrexa, á manciña que sostén o misal, a aquela atmósfera, ao meu medo ás serpes.

Fotografía de Xosé Marra

Advertisements

11 thoughts on “a influencia daquela lámina do misal

  1. Muller, é que aqueles misais eran (ou son aínda) tremendos. A min sempre me daban arrepíos aquelas torturas dos mártires, como o que lle fixeran a Santo Dominguito del Val, ou a oración para implorar unha boa morte; esa pon os pelos de punta.

    Gústame

  2. En los misales modennos, la imagen que representa el Infienno es la puerta de la Generalitat Valenciana. Yo personalmente mestoy encargando de esbozar el nuevo dibujo en los márgenes de las páginas del Códice Calixtino. Pero no se lo digas a nadie.

    Gústame

  3. Aló na prehistoria, cando eu ía a escola, lembro que nun libro había un debuxo dunha ponte moi alta, con dez arcos, para explicar os mandamentos, e podía verse como segundo ía pasando a xente os arcos abríanse e caían ao precipicio.
    Esa imaxe a min produciume un trauma, ao longo da miña vida, moitas veces soñei que caía por eses arcos e aínda despois de liberarme das ataduras dunha relixión que entre outras cousas, só trata de convencernos metendo medo, despois de todo iso, aínda sigo tendo ese soño, caio polo arco que se rompe cando eu paso.

    Gústame

  4. A cultura do medo que tanto lle gusta as relixións… con serpes, lume, sangue e monstros varios… Unha vez que o superas resulta patético… Pero anda que non o pasei eu mal de pequena!

    Gústame

  5. Eso mesmo estaba eu a pensar segundo leía todo o precedente, o que comenta Cimadevila, pero máis xeral, porque non só neste país… é algo universal. Relixión e medo van da man.
    Tod@s temos algún recordo, algo traumático que ten que ver coa relixión…..
    No meu caso??
    A min impactoume moito a intrusión na miña vida dun “beato”, dun fanático relixioso que non era cura, pero fixera votos. Daba conferencias para os nenos do barrio e alí me mandaran a min, que tardei un tempo en darme de conta de que estaba metida nunha secta, católica, apostólica y romana……… No medio do escenario a aquel home encendíanselle os ollos falando ós nenos de 8-9-10 anos (edade de facer a primeira comunión (¡comerse o corpo de Cristo mollado no seu sangue, sangre de la alianza nueva y eterna…….. que será derramada por nosostros y por todos los hombres ¡para el perdón de los pecados!….. ). Falaba do inferno, dos nenos de fátima, de Lucia no seu leito, morrendo e pidindo a sua corda cilicio……
    Eu mesma intepretei o papel na obra de teatro…. Teño unha foto de cando morría……..

    Eu tiña medo, non, medo non, pánico! de morrer e ir dereitiña ó inferno…. ¡porque era moi mala! e aínda que non o souberan os demáis…. Deus omnipresente y omnipotente vía o que pensaba… e o diaño xa se frotaba as máns pensando na miña alma……….

    jajaja. Agora case me fai rir…. Pero daquela tiña ata pesadelos….

    Ciao!

    Gústame

  6. Parece coma se o Misal fose un niño de serpes, que saían da boca do condenado do cura. Unha atmosfera de terror para que ninguén se saíse do rabaño e o que saía era “asesorado” pola parella do tricornio.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s