herba de namorar

Foto: Praia de Caión, primavera 2011

Teño que ir coller herbiñas de namorar. Probar o vello feitizo. Dende os cantís abrazar o vento, enchouparme de salitre.
Antes do outono, que despois vai frío.
Que estaría ben, para o inverno, sentir un amor no meu costado.

Advertisements

20 thoughts on “herba de namorar

  1. é unha herbiña moi fermosa e robusta, cun color delicado.
    está ben que vaias por ela, pero non penses que é un talismán, o talismán eres ti, Zeltia, tí és suficiente para facer que se achegue a ti o home que queiras.

    tí és a que tés que querer namorar.

    biquiños,

    Gústame

  2. Cóllame para min a herba, o amor e as ganas de namorarse…, dis, Sigrid [non llo contes a ninguén, pero xustamente iso é o que quería coller para min]
    todo o rollo da herba non é máis que a gana de perderlle o medo a querer… porque sei que o verdadeiro talismán para atopar o amor, é quererse enamorar. [como ben dis tí, Aldabra, sempre tan sabia]

    Magdalena e Xan impresionados coa serra da Capelada: hai herbas de namorar noutros moitos acantilados; pero é certo que as paisaxes de A Capelada, San Andrés de Teixido e o Cabo Ortegal son inesquecíbles, e inda que non sexa pola herba, tiña pensado ir neste vrao facer unha excursionciña e perderme neses horizontes máxicos…

    Dilaida: non sabía que a herba de namorar se utilizara como brebaxe! polo sí ou polo non, eu prefiero o vello método de meterlla nos petos aos elixidos.

    Chousa: a herba non apodrece: seca (como moitísimos amores tamén, é certo)

    Cando vaia apañar nelas, que hei facer dese día un moi especial, collerei mandiñas para repartir, Kaplan, inda que só llas mande co pensamento.

    :-)

    Bicos, bicos, bicos.

    Gústame

  3. Yo conocía esa planta como césped marino, pero me gusta mucho más hierba de enamorar, desde ahora la llamaré así. Si sirve de talismán ya nos lo contarás, pero como bien dices Aldabra es muy sabia y lo ha dicho muy bien.

    Gústame

  4. Seguramente creo en los talismanes. Pero se me ha olvidado que creo.

    Seguramente el amor me dejó aparcada. Varada, dirían los cursis. Pero yo no lo digo, porque rima.

    Creo que las últimas plantas de las que me fié las cultivaba mi abuela.

    Pero hace demasiado que no piso Vigo, y tal vez, sólo tal vez, la sangre se me coagule antes de tiempo.

    Biquiños moitos.

    Gústame

  5. Eu creo que che sobran candidatos. O que pasa é que -e sábelo- non che valen, porque eres tan grande por dentro que necesitas un home deses que resulta difícil de atopar, desa clase de persoas que case case non existen, auténtico, coma ti.
    Ás veces, nós mesmas somos as auténticas herbas de namorar ;)

    Gústame

  6. Fai tempo que non paso por aquí. Nin por ningún outro lugar da rede, en verdade. Os tempos cambian e agora teño pouco tempo para estas cousas, pero gústame achegarme algunha vez e ver que todo marcha coma sempre ;-)

    Eu concordo con Paideleo ;-) Creo que nada pasa ata que ten que pasar, por moito que nos empeñemos.

    Unha aperta forte.

    Gústame

  7. Colleita a seu debido tempo e posta nun lugar escuro, fresco e seco en tempos tan acalorados coma os de verán, conservará parte do seu encanto.
    Pero penso que as herbas de namorar non son as que traen os amores…
    Tampouco sei como veñen e como se van, así que non che sirvo de moita axuda, non si?
    Biquiños agarimosos.

    Gústame

  8. As herbas non son o meu palo… pero ben sei que hai unha herba para cada cousa… E hai algunhas que son remedio para moitas cousas á vez… pero…. hai que ser cautos cos efectos secundarios… que nos poden facer a puñeta pero de verdade… e logo…. a ver como solucionamos… ¡por andar a xogar a meigas e meigallos!

    Mira que habelas….

    Queres estar enmeigallada…. pois tí verás…

    E se queres enmeigallar…. pois peor mo pós… que logo non dura por non ser verdadeiro… e… e… e…

    Bah. ¿Onde dices que hai desa herba?

    É broma. Non me gusta presumir… pero eu… ando servida.

    Biquiños.

    Gústame

  9. Elige bien, Zeltia, con tiento, con mano dura y corazón de terciopelo.

    He estado ausente unos días. Ya estoy por aquí, en un ratito, por ahí. He perdido tu teléfono. Me lo pasas de nuevo por email?. Tomaremos un café. Seguro.
    Besos, muchos

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s