Na TVGA e nos xornais dixeron que Dornelas estaba ardendo. O lume achegándose ás casas. E eu aquí, lonxe.
Imaxino a tarde espida. O zunido dos insectos, os merlos cantando, as figueiras. E, nesa paz limpa, de súpeto, o medo:
20 hectáreas de bosque arrasado. Sinto o estalido das pólas, que son os berros das árbores. Vexo as criaturas que viven no segredo íntimo das fragas, fuxindo. morrendo.
Triste pobo aquel que non protexe a súa terra e a destrúe levado por intereses escuros.
Tamén eu tolearía de desesperación se a casa dos meus correse perigo pola man duns malnacidos.
GústameGústame
¡demo de cabeciñas! ¿qué terán nelas eses que prenden o lume?
¡canto dano fan!… pobre do que lle toca ver arder ó seu.
biquiños,
GústameGústame
Ah, non fai falla ser de Dornelas para ferber de noxo. Triste pobo aquel que non protexe a súa terra e a destrúe levado por intereses escuros, di Kaplan, i eu asino.
Por qué é que noutras rexións non acontece isto? Por qué en Galicia temos esta maldición? ( ¿son os gandeiros? ¿son os especuladores inmobiliarios? ¿ son os apagalumes para teren traballo que facer? ¿ quen demo é? ¿ por qué non o detectan os políticos despois de que se invirten tantos cartos na prevención/ extinción?
Joder, hostia puta, nolo estamos cargando, estánselo cargando ( o mundo en xeral, Galicia en particular.
O meu pésame Zeltia ( ainda por riba despois da montaxe do outro día, sabemos o que amas aquela beleza).
( cóntanos o da historia romántica, muller)
GústameGústame
Síntoo moito Zeltia, é unha cabronada ver como chegan as lapas tan preto dos eidos que un quere… vai xa uns anos, polo 2003, “prendeu” lume na aldea do meu pai, San Xillao de Tor, e case leva por diante as casas. As leiras estaban cheas de mato até arriba, sen limpar, botadas ao monte… cabrón é o que lle mete lume (sen dúbida), mais tamén o que deixa as terras sen rozar a carón das casas… e non falemos dalgúns concellos e as súas responsabilidades cos camiños etc. Ánimo e agardemos que non se repita
GústameGústame
Síntoo, imaxino o susto que levarías. De novo arde Galicia e a culpa é dos pirómanos e do goberno que temos que moito berraba cando estaba na oposición e ía o Feijóo coa mangueira facer a foto, pero o ano pasado deixaron de limpar os montes e todos pagaremos as consecuencias.
Bicos
GústameGústame
Había apagalo quen o fixo co que dixera eu. E xa me calo…
GústameGústame
Bos días Zeltia:
¿Unha historia romántica?…
Pode ser o millor pra deixar pasar ese amargor con fedume a terra queimada, a paus ardidos, a pedras quentes, a escaravellos mortos…
Cóntanos ise conto certo, ou dous.
Deica logo amicus.
GústameGústame
É tremendo. Faime doer as entrañas cada vez que vexo fume nos nosos montes. E que dicir cando se achega ás casas…
Comparto o cabreo (e a dor) manifestados polos comentarios precedentes.
Bicos
GústameGústame