sentar á sombra, soñar unha historia

No silencio da morte dormen as casas da Edade de Ferro. Enterradas.
Hai un carballo na cima do castro; nunha póla vizosa, a randeeira.
[Arrandea arrandea, pernas arriba!. ]
Os couselos. O miñato. Eu e a matogueira: elos invisibles dende o pasado.
[Arrandea, arrandea, pernas abaixo!]

Castro de Toiriz (Silleda)
Maio, 2011 (*)

Sentar á sombra, soñar unha historia.

*Día das Letras Galegas. [Celebrando á noite en Santiago no Teatro, cos poemas de Lois. E as tapas e as conversas. Con E. Con Equis.]

Advertisements

36 thoughts on “sentar á sombra, soñar unha historia

  1. Cantas cousas terá visto ese carballo!!!, talvez cada folla coas que se cobre, sexa un segredo, unha ilusión, …, dos que baixo del sentaron a sombra ou subiron á randeeira.

    Gústame

  2. “apenas pone uno los pies en tierra se acaba la diversión” decía mafalda al bajarse del columpio. preciosa imagen, y precioso sentimiento común, cada uno desde su blog, pero compartiendo el mismo amor por la tierra, aunque a veces no sea divertido poner los pies en ella.

    Gústame

  3. A foto é magnífica, pero claro o carballo ahí como modelo tamén cho puña doado.
    Acordeime de ti no día das letras, acordeime da túa decisión hai un tempo de pasarte ao galego exclusivo no blog. Recordei que antes era “como me pete”.
    En fin que si algún dia nos coñecemos, voto que sexa ahí, cun queixo de tetilla (lévoo eu), cun viño do pais (¿lévalo ti?, un anaco de pan e non plus ultra.

    Gústame

    • pode que te animes cando sexamos velliñas… ;-) levaremos o pan, o viño, o queixo de tetilla e sentaremos na mesa de debaixo do carballo e falaremos dos nosos antigos amantes.

      [Emocionoume un chisco que te lembraras desa decisión miña no día das letras. Si. Que te lembraras de min]

      Gústame

  4. Aquí Equis.
    Coñezo ben o Castro de Toiriz, xa sabes, Zeltia. Levo anos seguindo os pasos desa xente entusiasta de Silleda que se puxo a rozar e a cavar aquelas leiras de eucaliptos. E tanto cavaron e tanto rozaron que fixeron nacer a primavera en Toiriz.
    [E aprendín que a primavera vén chegando desde abaixo, como dixo Lois. A primavera, a randenla, a memoria, o meu corazón, o vento o vento o vento o vento]

    Gústame

    • Espero que todo ese traballo non se perda no futuro, que a Administración se estea a facer cargo da protección e coidado do Castro. Excavarase algún día?)

      [Aprender…]

      Gústame

    • Cuando pases al anochecer por un parque… anímate (yo lo hice, hace algún tiempo, a la hora de la merienda y me vino una nena con su bocadillo de nocilla a echarme de muy malos modos!, así que… mejor al anochecer ;-) )

      Gústame

  5. que ben soa: “arrandea, arrandea”… parece que unha adormece escoitando esas verbas… pero non é momento nin lugar para dormir, si non mais ben para todo o contrario… hai que estar ben desperto e ver qué acontece.

    biquiños,

    p.d.: ¿como me ía parecer mal que deixaras os versos, muller?, verás o caso é que despois de colgar eses versos descolgados de Lois encontrei o poema completo (pero non o mesmo día) e pensei en cambialo e poñelo correctamente pero aínda non tiven tempo, pero o farei, e añadirei o teu comentario porque penso que merece que quede como é debido, así que graciñas.

    noutro orden de cousas… a semana que ven teño que ir a Coruña para deixar a milla filla que ten que vir a Ferrol ó dermatólogo… o martes día 24… ¿terías un anaquiño para un café aí polas 7 da tarde?… ben, xa falaremos.

    Gústame

  6. Acanearse na randeeira sen máis preocupación que impulsarse no preciso momento no que mingua a velocidade no crecente da aceleración.

    E mentres, Breogán mira cara arriba estrañado buscando unha explicación ao rítmico ruído da soga… jaja.

    Gústame

  7. Pingback: #eldepornobaja « fálasme a min?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s