hasta que la muerte nos separe

¿Qué lugar es éste, qué lugar es éste? ¿Cómo estás aún en mi corazón?

Antonio Gamoneda
(Descripción de la mentira, 1975-1976)

25 thoughts on “hasta que la muerte nos separe

  1. Deslízase o rato sobre a fotocomposición e aparecen algúns nomes propios. E entón sei que Caión, que onte en Caión, a ansiada kedada beira-mar, as confidencias que xa o vento, ese ladrón, levou para onde leva todo.
    Grazas por compartir.

  2. Lo que une a las personas aveces es un misterio. Lo que yo siento cuando veo a una pareja de personas mayores andando de la mano es pura alegría. La promesa de esperanza.

  3. Justo esta mañana yendo hacia el despacho me he cruzado con un matrimonio similar, el todo tieso y recto, debía tener noventa años y ella más encogida pero estupenda, y he pensado lo mismo que tu ¡que casualidad! me ha dado envidia y me gustaría que nos ocurriera lo mismo pues es toda una vida juntos y si siguen así es por algo no por simple rutina….¡el amor!

  4. Permanecer ata a morte non significa amor necesariamente. Noutros tempos a maioría das parellas permanecían unidas ata a morte, e no parece que fose por que o amor fose inmortal.

  5. la escultura parace estar inspirada en esta entrañable pareja, sí. es un lujo recorrer tantas millas con un compañero. casi un milagro, hoy. envidiable.

  6. E se non é a morte…puido ter sido unha rubia de bote con tacóns de agulla e saia pequena; ou un macarra con camiseta de manga sisa e nádigas pretas. Igual de triste, pero menos enternecedor.

    Bicos dende o paso de cebra

  7. E o gustiño que da ver estas estampas, dende que xa non creemos nun amor, compañía, tenrura que sobreviva moito máis de unha semán. (Bueno, digo creemos, pero cambio a creo).Besiños de sol

  8. ¿Onde están as chaves, onde o segredo? ¿afinidade? ¿complementariedade? ¿tolerar? ¿renunciar? ¿devalar? Qué extraño don posúen os afortunados, quen llelo concedeu, mentres tantas outras perdemos a inocencia.

  9. Hainos que nalgún momento rompen por algures.
    Hainos que duran a base de tanrura, diferenzas similares, esforzos e renuncias. Hainos que se conservan polo costume de levalos ás costas. Hainos que non acaban a presión.
    Moitos non chegan nin a empezar…

    Pero todos deixan pegada, ás veces tan profunda, que sen a presenza da outra persoa, seguen ata a morte.

    Un bico.

  10. ¿A morte?? Alguén lle tiña que parar os pés algún día…
    Zorra maldita… e que os consiga a todos… que non lle faga ascos a ninguén… Para qué quererá tantos…
    Qué tolerías me dan…
    Ó mellor os da foto non son parella (oficial), e os seus respectivos poderían atopar esta foto por casualidade… e armar a marimorena… jaja: ¡quén é esa coa que cruzas o paso de peóns tan á par!… ¡pero se parecedes o i e mailo punto! Manoliño, porDios… qué vergoña… ós teus anos…

    Un biquiño Zeltia

    (Non sei se cho dixera… pero a min tamén me gustan moitísimo as fotos antigas, e as postmortem chamáronme moito a atención no momento que souben delas, cando saíra aquela colección do País de libros de fotos…)

  11. Non lembraba a escultura do parque (antes monte de santa Margarita). E pensar que case se ven as ventás da “miña casa”!! Que xogadas que nos xoga o destino, traéndonos a outros lugares e deixando que os recordos só sexan iso que nos asalta de cando en vez, a contrapelo, cando máis o desexas.

  12. Gamoneda!!!!!
    después de esperar noticias durante varios días de una persona, lo que me envió fue un texto de Gamoneda y no supe interpretarlo!

    Me ha hecho gracia verlo aquí, auqnue me resulta difícil, tiene algo especial para mí.

    Yo últimamente también miro mucho las parejas de personas mayores, cuando van de la mano, cuando se miran a los ojos…

    besos.

  13. Gústame moito a imaxe. Pode semellar incrible chegar á vellez namorado da outra persoa, inda que sexa outra clase de amor. Unha vez quedeime cunha estampa curiosa: nun banco do parque, dous anciáns collidos da man mirándose aos ollos. ¿Levarían xuntos toda a vida ou coñeceríanse no bingo? A pesar de todo, creo nesa clase de amor ata o final.

  14. Brocelandia [por certo, benvida aos comentarios, lástima non deixar unha páxina para ver o que tí escribes]
    dixo o que moitos pensamos:

    “¿Onde están as chaves, onde o segredo? ¿afinidade? ¿complementariedade? ¿tolerar? ¿renunciar? ¿devalar?”

    Escornabois [cambiaches de nick! -e de blog-] unha ledicia ver a túa cara bonita por aquí de novo!

    Claudia [Canto tempo!]

    e aos amigos virtuales -e algún non virtual- unha apertiña desde esta Coruña hoxe soleada e preciosísima.

  15. Pingback: volvinos ver « fálasme a min?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s