aquí [1001 amañeceres]

aquí, [onde a luz é un perfil de ouro e sombra,]
a diferenza
é a brisa -levísima- movendo as follas.

_____________________________
– Unhas 3 semanas separan as dúas fotos. Foron feitas detrás do valado do IES Rafael Dieste da Coruña. [Con estes 2 amañeceres van 25 fotografiados no blog.]
– En cursiva un verso do Canto da Terra de Xavier Seoane, o meu poeta das mañás e dos paxaros:
“Aqui/onde a luz é un perfil de ouro e de sombra/os vermellos cavalos/que outrora acompañaron a carreira do sol/habitan nos meus ollos”

Advertisements

17 thoughts on “aquí [1001 amañeceres]

  1. QUÉ PRECIOSIDAD!. Me encantan estos amaneceres que compartes. Sabes?. Cuando me despierto por las mañanas le miro la cara al día. Ni parecido a lo que muestras.

    Un besazo, preciosa

    Gústame

  2. A diferencia é notable, na primeira aínda están as pólas espidas e na segunda xa se puxeron de gala coa chegada da primavera.
    Son dous amañeceres moi fermosos é como se o sol sentira vergoña e se escondese detrás das reixas.
    Bicos

    Gústame

  3. Son unhas fotos moi fermosas, e sorprende ver como medraron as follas en tan poucos días. É certo que o vrao xa aquí está.
    Pero non lle envexo os amenceres: estas últimas mañás éntranme uns incendios solares polas ventás que me abren o corazón para todo o día.
    Boas vacacións!

    Gústame

  4. Nin que estiveras alí ti plantada coa cámara… as 3 semanas!! jaja, percibindo o movemento da cúpula celeste, como punto inmóbil do péndulo de focault, experimentando coa rotación terrestre, unha estrella alí no alto.. queda queda queda… pero non podes deixar de xirar… a modiño… a modiño…

    Un bico guapa!
    (dóeme a cabeza despois desta semana de volta… Agora por fin o descanso… e xa o dicía a miña profe de aerobic, que o peor é cando paras… Sempre hai que intentar seguir o ritmo… para non estragar o corpo e a mente…)

    Gústame

  5. Grazas. Estas fotos gustáronme, como se fosen doutro!
    Foron fruto da casualidade [pasar case todos os días polo mesmo sitio camiño do traballo e que o espectáculo teña lugar diante dos meus ollos.]

    O seguinte post máis amañeceres que tiña na cámara, e despois… deixaremos fluir a alegría instintiva do universo.

    Gústame

  6. Bos días amicus:
    Chego tarde, mais chego…e chégame ben.
    Síntome máis tranquilo ao recoñecer o que se deducía dunhas ramas con brotes nas súas puntas e unhas follas,tres semanas despois, incipentes.Síntome máis tranquilo do desprazamento do horizonte solar,neses días, cara a un lado; Cabalería “retida na retina”,fotón desvanécese ao estigia e arrefría o seu lumínica tolemia,só os seus animais permanecen en cada un que lembre a aurora…
    Xa teño a miña resposta, chégame,fuxirei o carón do mar e preguntareille polo meu…
    Deica logo amicus.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s