morte, arrecendos, alegorías

Aproveitando o sol na plaza, o lombo arrimado contra o respaldo quente do banco, lin: Absorta est mors in victoria. Ubi est, mors, victoria túa? Ubi est, mors, stimulus tuus?. Xuro que o lin, e non porque o escollera, que nin sei latin. Cadroulle. O curioso do asunto e que iso levoume á idea que temos da morte (que teño) e en como a separamos (separo) da vida, incluso a opoñemos (opoño) a ela. Mais por uns segundos comprendín que iso é como afastar a parte do todo e que ridículo resulta. Nese instante de lucidez, tan estrañamente integrei a morte na vida que era unha cousa nimia, unha circunstancia desprovista do extraordinario. Vin a vida como algo de proporcións inabarcables, un concepto inefable que todo o contén. Un monstro insaciable. Pero só puiden albiscar ese coñecemento uns intres, deseguido me veu contaminar ese dito inglés que sempre repetía miña irmá:

Life is a bitch and then you die

E perdido o pensamento, mirando sin ver, fun bater coa árbore das flores olorosísimas que xa me ten levado a ensoñacións. Aniña o aroma nesa árbore. Púxenme debaixo dela, as campás de badalo de póle colgando sobre a miña cabeza, fronte ao meu nariz, ciscadas polo chan… Apañei unha das flores mortas e arrecendina ata que me doeu a cabeza e, xusto aí, tomei conciencia do instante, do único que estaba sendo este tempo en tránsito neste día difícil, nesta véspera.
E despois rachei a flor morta viva para compoñer eu cos anaquiños sans unha nova flor e agasallarme con ela, que ben o merezo, e chegando á casa ateinos cun fío e puxen a nova flor viva morta nun vasiño de beber chupitos.
Aí a está, a súa fragancia, luz e sombra. Convertida en alegoría enriba da mesa.

Advertisements

32 thoughts on “morte, arrecendos, alegorías

    • non son converse, rula, que non vou por marcas, estes meus son iguais que os que usei dende que era nena: victoria.
      e o libro… pois a voltas con lois pereiro. Cita el a epístola aos corintios para engadir (¿escóitasme, tí, mors, dama negra, parca, a da gadañ…? O teu aguillón ben que o sentín; pero ¿e a túa victoria?… ¿Escóitasme?! (…) Fuck off!)

      Gústame


  1. · Vaya vaya. Tan hermosa planta es de la familia de las brugmasias, conocidas por sus propiedades alucinógenas. Tuve una.
    No sé si poner la cabeza bajo ella es suficiente, el caso es que gracias a ella te ha salido un estupendo post.
    La próxima vez, lávate bien las manos después de manipularla.
    En la Wiki: brugmasia, datura…
    Aquí una especial, la mía:http://cristalrasgado.blogspot.com/2008/11/noche.html

    · bicos y rosquillas

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    Gústame

  2. Eu onte estiven tamén no medio da natureza e pensaba como a vida é simplemente un miserable grao de area no medio da inmesidade do requiem aeterna que relataba cunqueiro. A morte é unha parte importantísima da vida, é a parte na que realmente o ser humano se fai libre.

    Gústame

    • bueno, eu só vexo a morte como unha liberación cando a dexeneración do corpo é tal que nin vida ten. Ou cando se elixe.
      Pero non consigo ver que libere a morte a alguén que desexa con todas as súas forzas vivir.

      Gústame

  3. He recordado la sensación que tuve ayer al enterarme de que Silvia Abascal ha sufrido un ictus cerebral.

    Por dos razones: una,porque mi abuela materna se murío así, y me impactan las similitudes; la otra, porque fui consciente de lo seaparados que estamos mentalmente de la muerte, cuando la muerte es una parte de la vida muy importante. En este mundo hedonista, pocos hablan de la muerte, no es un pensamiento aceptado. Ni la muerte es un hecho normalizado. Nos escandalizamos de tal manera cuando alguien muere que parece que fuera antinatural, y es justo lo contrario. Y me dió miedo ser consciente de esto, porque no estoy preparada para la muerte, y es un fallo gordo de educación.

    Gústame

    • Tampouco eu. Pensaba que cos anos era algo que “se aprendía”, pero dende logo “de forma espontánea” non.
      Creo que é un tema tabú na nosa cultura e como entón nos imos acercar a ela con naturalidade?
      Un gran traballo persoal que facer aí, non pensas?

      Gústame

  4. é extraño, pero semella que cando asumimos a morte na vida, vivir vólvese algo máis urxente, máis necesario. ulir as flores, palpar a herba, bañarse no océano frío…
    e, aínda por riba, primavera!!
    encantoume moitisísimo esta arrecendente entrada!!

    Gústame

    • meliña, vexo que o teu concepto de “vida” vai moi xunguido á natureza, máis ca aos avatares e acontecimentos do decorrer dos dias.
      tamén o meu.

      Gústame

  5. Zeltia, morte e aromas tíñalos xuntos precisamente nesa árbore. A Datura stramonium L., que eu coñezo co nome de figueira louca, ten outros nomes en galego que asocian a pranta co mundo dos mortos: figuera do inferno, herba dos mortos… Pódelos ver todos aquí: http://vocabulario-plantas.tripod.com/termos/D/datura-stramonium.htm. Foi casualidade que xuntaras esta pranta e este tema nun post? A min encántame, o seu aroma é puro gozo. Bicos

    Gústame

  6. Bos días Zeltia e amicus:
    A esperanza sempre é optimista por iso un asunto débenos ocupar pero non preocuparnos.Todas circunstancia vivida permite en toda situación unha segunda saída, só hai que acadar a que alguén ábranos a porta e invítenos a dar o paso. É o bo,sempre atoparemos a persoas que teñen algunha chave mestra da que nós carecemos.
    A “Morriña melancólica” (epíteto arzadagués) nunca debe durar máis aló dun día ou dous pra evitar facernos escravos do pesimismo alleo.
    Gústanme eses vasos tan curriños e eses pétalos que se parecen a algúns nudibranquios mariños.
    Ah,eu de pequeno tamén tiven uns “tenis” Vitoria azuis cos que subía os montes e corría.Pero os teus de “cor chicle” molan máis (unha pena que os meus prexuízos impídame levalos).
    longa aperta.
    Deica logo amicus.

    Gústame

  7. Unas veces son luces, otras sombras, pero siempre en el medio la esperanza.
    Alguien te comenta que le impactó la noticia del ictus cerebral de Silvia Abascal, me impactó mucho por su edad, por el momento…estaba allí, fué en el Festival de Cine de Málaga y la estaban peinando.

    Un abrazo muy abrazo

    Gústame

  8. Aunque sólo sea una frase de una canción La vida es eterna en cinco minutos. Memorias amadas mías, con meses de vida, sabiéndolo, disfrutando en una terraza del sol último de la tarde, llevándose, de vez en cuando, la mano a esa ciénaga del dolor

    Gústame

  9. gústame compartir contigo a túa conversa contigo misma… a verdade é que pensas moi profundo, cando te leo, dígome, eu tamén penso así… é que a maioría das veces pásaseme por alto, non me decato do que de verdade acontece na miña cabeza… ó fin os meus entrenamentos para deixar de pensar tanto parece que dan resultado.

    biquiños,.

    p.d.: unha entrada deliciosa, xúrocho.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s