Como unha ringleira de eirugas pola autoestrada, todos a 110, ímonos seguindo prendidos uns nos outros polos conos de luz na semiescuridade, adormecendo co movimento suave, coa languidez da voz feminina que canta. ♫ Moonlight ♫ Sophie Zelmani ★
A vida é un paréntese de realidade no interior do coche.
E de súpeto vina: emerxera sixilosamente aquela enorme e inquietante lúa laranxa. [Había moitos anos que non] vía a estraña beleza desta lúa, tan próxima que asombra, tan máxica que enfeitiza. Quedo baixo o influxo da súa luz prestada. Alí a está, maxestuosa, impoñendo a súa presenza, pendurando de ningures, percorrendo o ceo sostida por forzas incomprensibles. E sei que el a estará vendo, enmarcada na xanela do seu salón, ou andará pola beira do mar e prenderánselle os ollos no reflexo ardente da auga. E veráa tamén el, entre as pólas espidas dos carballos na escuridade da aldea.
E eu, avelaíña que busca unha caricia e só bate contra o vidro iluminado na noite.
Respiro fondo para encher de ar un furadiño que teño no peito. En cada inspiración a vida propágase polas veas, esténdese polo corpo a sensación plena de sentirme viva, consciente da propia conciencia, feliz da capacidade de goce. Suspiro, añorante, mais comprendo que no fondo [ou na cima] pouco importa que alguén me pense mirando a lúa se eu podo vela e gozala, eiruga en ringleira nunha autoestrada.
Pecho o paréntese e voume deste pensamento. A voz canta agora acariñadora.
Estremezo.
O sábado a lúa estivo máis cerca de nós do que estivera dende hai 20 anos, é como se viñera de festa.
fotos espectaculares da lúa esa noite:
Esta foto: 19 de marzo, 2011 en Landsmeer, Holanda Septentrional, Países Bajos, con unha Panasonic DMC-FZ38.© all rights reserved: fly me around the super moon, na Galería de Ben, no Flickr
The big moon! .- Biscayne Bay view of the rising big full moon. march 19,2011. Miami -FL
Moon rise over Frisco, Texas, na galería de Flickr, por Sergio HR
Rising above Dallas, TX. Very bright, large and orange! /Marzo 19, 2011 Super Moon
Galería de Flickr © Jason Major 2011 www.LightsInTheDark.com
Eu tamén a mirei dende unha autoestrada, e tamén flipei. Non pensei en ninguén a verdade, pero sorrín de orella a orella
Despois, ao chegar a casa busqueina e observei ás súas manchas, a cariña, pero o deixei cedo porque disque é malo para a vista, é?
GústameGústame
vexe que quedache tocada por ela, que che fixo pensar cousas pasadas, cousas bonitas, cousas tristes, cousas…
biquiños.
GústameGústame
Bos días zeltia.
Regresaba pedaleando en mi velocípedo y me paré ante la presencia en el elevado este con una enorme luna llena donde sus cráteres casi se podían medir,en el extremo oeste un sol reluciente competía contra ella por evitar echarse a dormir :.- maldita sea!.. se debió decir el “rey estrella”…para una vez que coincidimos me reclaman en otra casa,en otra cama.
Hoy he estado ojeando preciosas fotos que otras personas realizaron sobre esta hiperluna,en horizontes tan amplios como aquí, algunos/as han conseguido retratar los ojos abiertos de Selene.De marcha nocturna en las cumbres carpetanas innecesarios frontales,leyendo tranquilamente las trochas de la Cuerda Larga senderos de nieve palpitante,distraidos por tanta presencia acabamos rendidos, como orugas desorientadas, a mitad de camino.
Deica logo amicus.
GústameGústame
Tamén ía falar eu dela nalgún posteo que quedou esquecido.
Fíxome graza que levase ese día unha camisola un sobriño meu onde se lía: The perfect night for a werewolf ( A noite perfecta para un lobishome ).
GústameGústame
Bos días amicus:
Acariñamos a idea romántica de vivir situacións singulares coas persoas que amamos e coa mesma idea pódense desvanecer esas persoas dando paso a outras que,talvez,sempre estiveron e que agora son moito máis importantes.A situación extravagantemente romántica en que nos atopamos lévanos a compola na nova realidade.Sumamos a isto un novo horizonte de amor que nos pode martirizar,pero que de momento a algunhas reconforta…tempos pasados nunca foron mellores….é tempo de unir sensacións á velocidade crítica de 110 por hora o mundo vese pasar con calma e a letra dunha canción pode quedar ,pra sempre,ligada a un instante peculiar.
Unha aperta longa,un anaco de saúdo…Zeltia.
Deica logo amicus.
GústameGústame
Pois eu o pasado sábado non a vin, pero tampouco me importou moito.
En realidade, observar a lúa chea faime estremecer; semella demasiado poderosa! Prefiro mirala nos cuartos; esa imaxe si, ata lle adicaría un poemiña!!
Bicos (mellor coa lúa minguante;-))
GústameGústame
Tamén a vin e a contemplei, fíxenlle fotos pero non saíron tan ben coma túa, eran xa as dez e saíron moi escuras e non se ve tan fermosa.
Bicos
GústameGústame
con ese pedazo de luna en el cielo el influjo se magnifica también, como ocurre con los sentimientos de los habitantes de gran hermano (que son unos desgraciaos infames, pero también tienen sentimientos, oye), y las añoranzas, los hipnotismos, se hacen también más profundos. como este momento lunático que describes, un instante, sí, pero profundo. me ha encantado. y esos ejercicios de respiración también.
GústameGústame
Noutra vida… Parece que foi hai moito tempo, pero non é nada… Agora, dende aquí, dende a cima…. sí, dicir que hai casi 20 anos que a lúa non se vía tan grande parece que tí non o viviras… Todavía, aínda queda ese sentimento de xuventude e non… Non é certo. Xa non son unha neniña, que cando lle falasen de 20 anos antes xa non tiña uso ou desuso de razón…. Eu lémbrome moi ben de con quen estaba e onde vin eu esa lúa tan grande. Estaba no coche, de copiloto. Él conducía… Mira que luna. Mi madre, está gigante… Sí… Creo que pasa de mucho en mucho, lo de ver esa luna tan grande. Que pasada… Sí.
foi de pasada. Iamos para algures e viñamos de non sei onde. Pola Grela circulabamos. Pensei que sería bonito parar e mirar… facer o intre romántico e máis longo… compartir algo de maxia…. Pero non pudo ser. Sempre había prisa… Xa o faríamos… Xa o faríamos… Hai moito tempo, e agora temos cousas que facer… importantes… ¿Importantes?
Pero eu gardeno. Gardei aquelo nunha esquina de cousas importantes… Cousas que non se ven moito, así que hai que gardarlas, para lembralas, e poñerlle a maxia na casa, sin que ninguén che meta prisa… Adónde queres chegar, tan cedo…. Espera un pouco… Vive.
Biko.
Ten coidado Zeltiña, non te vaias durmir o volante con esa música tan lentiña… e esa capacidade de ensoñación… un perigo, mira que a 110 tamén doen os golpes… Seguro!!
A lúa preciosa. Eu quixen fotografiala, e fixen algunha foto… pero non creo que valga ningunha. Estaba eu, desta vez, na beira do río Miño, en Salvaterra, coa familia e uns amigos, que me deixaron disfrutar e compartiron comigo o máxico erguer desa lúa xigante das augas do río…. máis aló da ponte que nos une con Portugal… Marabillosa.. como a miña vida aquí e agora..
GústameGústame
Eu tamén a vin na estrada, de Fene a Vilalba, enorme e poderosa. Á altura das Pontes aparecía detrás do fume das cheminés da central térmica, e foise axiña, non lle debía gustar o sitio.
GústameGústame
E será que cada quen mira o que quere e como quere??? ou nos devolve a nosa propia percepción do Noso Mundo??
http://pitima.blogspot.com/2009/05/y-tu-como-ves-la-luna.html
GústameGústame
¡impresionante luna la del sábado! hacía siglos bisiestos que no la veía tan bestial……¿tu crees que él también la vió desde su ventana? la verdad poco me importa mientras, como tu dices, la vea yo y la disfrute…biquiños
GústameGústame
Decia Huidobro: Oh poetas¡, deixade en paz a lua, facela florecer.
GústameGústame
Moi cerca… Enchendo de luz a noite escura, para que se vexan os nosos soños reflectidos na súa blancura.
Moitos bicos.
GústameGústame
Preciosa esta Luna tan cercana que nos visitó la cual fue la inspiración de tu bello texto.
Cuando miro la Luna no suelo pensar en nada,solo me dejo atrapar por su belleza,es luego en el recuerdo de su visita la que nos remueve por dentro.
Preciosas las fotos!
Abrazo e saúdo afectuoso!
GústameGústame
Pois mirar a lúa mentras se conduce o coche (aínda que se vaia á “moderada velocidade” de 110 km/h) é un risco tremendo para a seguridade. Así que para a próxima vez que o satélite se nos achegue ten tino. Ademáis, mirar a á lua seica é de lunáticos!
Bicos ulláns
GústameGústame
Me llamó y me dijo que me asomara a la ventana que me citaba en la luna. Yo a mil kilómetros veía lo que ella veía. Nunca estuve más cerca de alguien.
GústameGústame
Con tanto arroubamento hai que ter tino, porque poden pasar cousas como as que se contan aquí
GústameGústame
Caravaggio, sí, tí dalle que non mira!
“dalle duro por detrás [non é nada persoal, non a tomes á tremenda, que non é polo detalle, mais que nada é o feito]
dalle que non mira!”
:)
Moita forza Os Resentidos, (unha década xa!)
GústameGústame
joder, dúas, dúas décadas!
signo claro de envellecimento este lapsus.
envellecimento pre-ma-tu-ro, of course
GústameGústame
A lúa chea ten algo especial, eu non sabría definilo pero é algo máxico, romántico, poético, tenro.
Auuuuhhhh, dixo o lobishome!!!
GústameGústame
Despois deste corte, deste punto de cordura no noso arroubamento poético que nos puxo Caravaggio, vou escribir outro post -que xa teño gana- e deixar a lúa atrás!
Bueno, Aura de arroubamento poético nada, que ela pasa de lúas cheas e por tanto das super lúas!
E Chousa e Raúl chamándome “lunática” :-(
Pois a min gustoume saber que coincidín polos camiños esa noite con Alex Ghalpon, con Susana, con Beato [no seu velocípedo!] -concordo contigo en que a letra dunha canción pode quedar ligada a un instante peculiar xa para sempre-
E fíxome rir a lenda da camiseta do sobriño de Pai de Leo… é perfecta! XD
Pitima: que lindo o que contas. feliz de verte feliz. véxote co cerebro rum rum -como és tí de rumidadora- arroupadiña polos teus aos que tí arroupas tanto… si, sí. feliz.
Aldabra, Dilaida, Semilla negra, Fernando, Antonio: agradecida polas vósas visitas tamén.
Raposo auuuuh!
:)
GústameGústame
Que fermosa estaba ela. Non sei que ten a lua que nos envolve de tal xeito que mais ben eu creo que nos enfeitiza. Non sei, pero a min encantame mirar para ela. Teñoa visto a finais do mes de agosto tamen grande e fermosa, pero nunca tanto como desta vez. Creeme, non lle fixen ningunha foto… :(
O do reproducton non o entendo, e un reproductor de youtube normal e corrente… proba nalgun outro sitio a ver se o podes ver.
Moitos bicos e fermosa entrada, chea de luas que fan que un poida soñar coa sua beleza un chisco mais…
GústameGústame
O tempo, o mar, as plantas, animais e cousas, a muller e seguro que aínda algún home, bailamos, e moitas veces sen sabelo, ó seu son…
E o simple feito de mirala -ela enriba e nos (pequenos, minúsculos) debaixo-, fai elevados os nosos pensamientos…
GústameGústame
eu vin lua
http://untalmarra.wordpress.com/2011/03/19/fotos_391-super-lua/
GústameGústame
Aínda que fermosa, a lúa, é o cemiterio onde repousan os soños perdidos…..
GústameGústame
Pois eu volvía da Coruña e, misteriosamente, en toda a viaxe non a vin. Ou quizais só non souben vela ensarillada noutra lea de pensamentos. Imperdoábel.
Unha foto marabillosa
GústameGústame
Un texto precioso…casi íntimo. Y sobre la luna, qué puedo decirte yo de la luna? jejeje
Hoy ha sido una delicia leerte :)
Un bico ;)
GústameGústame