quien a los 15 años no dejó su cuerpo abrazar

Quién no escribió un poema huyendo de la soledad.
Quién a los quince años
no dejó su cuerpo abrazar
[Cantaba Mari Trini nos 70’s.]

un video de bicos

Tiña 15 anos e ningún mozo me bicara, o prazo que dicía a canción ía vencer… A vida semellaba lentísima para os meus ollos brillantes. Aquela urxencia, aquela nostalxia do que ansiaba vivir. A saia curta, a mirada de sol, os beizos transparentes. No corazón floreciñas silvestres

Agora os prazos rematan nos límites das sombras. A vida avanza velozmente para os meus ollos secos; para a tenrura branda. Esta urxencia, esta nostalxia. O vestido longo, a mirada de choiva, o corazón transparente. Nos beizos floreciñas silvestres.

Foi nas vacacións, na miña aldea, á volta da festa de Piñeiro. Eu xa lle tiña botado o ollo a aquél mozo de 16, tan guapo, cos ollos como un actor de hollywood. Polos camiños misteriosos das hormonas chegoulle a miña mensaxe e bailamos pegadiños toda a verbena e eu souben que esa era a noite. Bicámonos amodo, o meu cerebro unha máquina gravadora. As horas que seguiron paseinas rebobinando o bico, dando voltas na cama, espertando coa emoción, sentindo a salgada humidade do beixo. Quien a los 15 años no dejó su cuerpo abrazar. Eu aos 15 inaugurei o camiño das caricias.

Advertisements

35 thoughts on “quien a los 15 años no dejó su cuerpo abrazar

  1. Eu non me deixéi abrazar ós 15 anos, tardéi moito máis, (20)e non me abrazaron con xeito ata os 21.
    A vida é coma é. E as lembranzas están ahí para que saibas que as cousas foron, e para que desexes acer novas lembranzas.

    Biquiños.

    Gústame

  2. nunca, nunca dejamos e tener 15 años….

    solo hay que volver a ponerse la minifalda, colorete, por eso de que los colores cambian…y salir a la vida a seguir sorprendiendose.. a mi me funciona…

    Gústame

  3. Wendy: tardei en descubrir o valor dun bo abrazo. [supoño que de noviña entretíñame noutras caricias.]

    Agora un abrazo cálido, relaxado, sin racanear tempo nin proximidade; podendo escoitar o latexo doutro corazón, sentindo a presión duns brazos apretándome, notarme rodeada e protexida, consegue transmitirme seguridade e cariño. Un bo abrazo fai máis pola miña saúde emocional ca unha caixa de trankimazin…

    Lou: eu precisaba que me dese o meu primeiro beixo un mozo que me gustase, ANTES de cumprir os 16, -como dicía a canción- para non sentir que perdía capítulos… [parece ser que sempre fun algo urxente e extrema, otorgándolle significados especias a cousas nimias e preparando postas en escea interiores… cunha excusa ou con outra…]
    quen me vería a min arestora coa mini saia! [só podo imaxinar nun peor papel a sara montiel!]
    :)

    Dilaida: e tan lonxe!. De feito eu pregúntome: tívenos… ou imaxineino?

    Gústame

  4. Fermosas lembranzas, Zeltia!!!
    O tempo é o mesmo…, quizais sexamos nós os/as que o vivimos ou sentimos diferente…
    “…o corazón transparente. Nos beizos floreciñas silvestres.” Que bonito!!

    Gústame

  5. Zeltia me se de memoria la canción de Mari Trini, a mí me pasaba como a tí creí que se cumplía el plazo sin haber besado a un chico, pero ¡lo conseguí! conocí al que luego fue mi primer novio justo a tiempo….no lo hice sólo por eso ¿eh? fue perfecto….yo tenía quince y el diecisiete….estuvimos juntos dos años y nunca lo olvidé…aunque luego le dejé….hoy echo de menos también ese amor romántico y sublimado…¡ojalá la vida siguiera siendo tan bonita como entonces! biquiños

    Gústame

  6. Bos días amicus:
    Las sensaciones que se reciben a través de un abrazo(aunque “unha aperta” suena muchísimo mejor,el resultado sea el mismo..je,je.) son una reminiscencia de nuestra posición hacia el pecho femenino cuando nacemos y somos alimentados por ellas. Todos,niños y niñas,pasamos por esa fase que se diluye con el crecimiento y de la que no tenemos recuerdos conscientes.Pero la naturaleza es tan sabia que nos da la oportunidad de resolver esa duda cuando en la adolescencia repetimos o comprobamos,y más por primera vez,nuestro primer abrazo y los segundos y los terceros.
    Incluso me voy más allá; es una reminiscencia de habernos desarrollado en el seno materno y recordar,sin querer,los latidos umbilicales de ambos corazones.
    Desgraciadamente los prejuicios educacionales,cabrones censores/as, nos cortaron la posibilidad de sentirlos en toda su ternura para (según ellos/as) evitar otros efectos posibles que los pudiera poner, a ellos, en evidencia. La temeraria fortaleza química de la juventud transgrede éstas y en la “soledad de la amistad” se desencadenan unas ganas irrefrenables de abrazar y ser abrazados,besar,etc(qué bien saben).La memoria (conciencia) se encarga, a lo largo de nuestra vida,de mantener latente esto para que no decaiga su uso(de vez en cuando).Las células, cuando esto vuelve a pasar de mayor, se revolucionan y recobran nueva vida y fuerzas y entonces vuelve a sobrevenir una explosión de sustancias químicas en el cerebro de todos que hace desde ese momento revivir una nueva juventud,una nueva infancia donde regresamos y volvemos a oir los latidos de los vientres de los que nacimos y de los pechos que nos alimentaron.
    Todos los animales tienen esta necesidad y esta sensación.Un pingüino,sin ser un mamífero,obtiene calor,protección y el latir del corazón de sus progenitores bajo los vientres donde se acomoda para medrar y ser alimentado.(un abrazo de un pingüino emperador debe ser la leche;además siempre se le podría decir aquello de:.-“Oes, dame un piquiño !…).
    Cuando las guerras llegan a su fin y ambos contendientes firman un necesario acuerdo y se reconocen ambos, nada más mirarse a los ojos se dan,instintivamente, un abrazo.
    Ojalá todos perdiéramos el miedo y el prejuicio a dar abrazos para sentir sólo eso…nos iría muchísimo mejor. No despreciemos nunca un abrazo a nuestros hijos,parejas,semejantes, el beneficio siempre es mutuo.
    Lo que más me gusta es ese apunte salado(“salgado”,en galaico) que Zeltia ha aprovechado para anotar subliminalmente y que queda en su memoria gustativa.Cuánta ternura leo en sus palabras;no me extraña nada que en actuales momentos de soledad esté gritando necesitar un abrazo(cargado de ternura infantil,querendona)de protección que garantice una nueva confidencialidad que desencadene la fuerza vital aletargada por el paso del tiempo.
    Qué pena sentimos cuando nos enteramos de esos que no tienen la posibilidad de ser acariciados.
    Unha aperta con latexo, un anaco de saúdo.
    Deica logo amicus.

    Gústame

    • Toda unha teoría, con esas explicación psicolóxicas… o polo qué non o sei; pero do que estou certa é do poder curativo das apertas [xa que che gusta máis esa palabra…] :)
      E sí, tés razón, ogallá todos perderamos ese medo a pedir abrazos, ese medo a ser abrazados; parece como se fose algo que só se garda para momentos de intimidade moi concretos, e non tén por que ser así…

      Gústame

      • Bos días Zeltia:
        Por eiquí algunhas veces pasa que xúntanse unha chea de xente e comezan a repertir apertas a tudo o que camiña,parándoo…é algo caralludo vesche envolto nunha espiral de risas e apertas tan agradable que che vas sorrindo mentres camiñas cara a casa.
        (O mesmo tempo miro nos meus bolsos do pantalón polo que poidera pasar).
        Deica logo Amicus.

        Gústame

  7. a primeira parte do relato moi ben… a segunda non me gusta polo que dís… vestido longo, mirada de choiva, nostalxia… non, non e non… cambia o chip, xa… pero mulleriña… si pareces como de 15… e mais por dentro… si sigues a ser esa meniña con soños e esperas do primer bico… só que tés unha coraza moi pesada que un día hache caer… eso o entre todos cha tiramos abaixo.

    agora sí, xa te podo decir que estéticamente o texto e precioso… encantoume… imaxinarte de nova, nervosa, bailando co rapazolo de mirada jolibudiense… ¡que sorte tiveche!

    En Dornelas foi teu primer bico… ¡como me gusta Dornelas!, dixéncho onte.

    biquiños,

    Gústame

  8. “Agora os prazos rematan nos límites das sombras”.
    Bellísimo texto, que nos lleva a los recuerdos más personales. Siempre tendremos quince años para las caricias, los besos, los abrazos.
    Me ha gustado tu texto. Mucho.

    Un abrazo

    Gústame

  9. me ha encantado ese recopilatorio de besos de película con lifehouse. mi primer beso fue un horror, la verdad, ansioso, urgente. en realidad tardé unos cuantos besos más en besar de verdad.

    Gústame

  10. Moi tenrro ese primer bico Zeltia. Aos 15 e a calquera idade é bonito deixarse abrazar. Non creo que haxa unha idade para os abrazos, nin para namorarse nin para soñar. Se deixamos que iso ocorre somos mortos en vida.
    Un bico con máis de 15

    Gústame

  11. Eu biquei así algo antes dos 15 anos. E menuda bronca me caue, porque me pillaron! Pero gardo delo unha lembranza tan tenra que se o penso hoxe, aínda tremo!

    Gustoume isto que escribiches. Moito. E non tés os ollos secos nin os prazos rematan onde dis! Aínda che queda moita guerra por dar e gozar!

    Biquiños.

    Gústame

  12. Querida Zeltia, grazas por interesarse polo meu silencio. Na práctica estou sen blog: os de blogger sen motivo aparente e sen explicación nin aviso previo canceláronme a conta cos blogs, as fotos e todo o máis. Sorte que o tiña exportado e gardado en seguro, pero aínda así sigo de homeless. Iso si, non penso pechar a tenda, aínda que non sei onde mudarme.
    Inda por riba de mel, filloas.

    Gústame

    • Qué me dí, Kaplan! pero se vostede ten aí anos e anos de escribir! Pois menos mal que o tiña gardado!, eu non teño copia nin deste nin do anterior en castelán de zoomblog (que xa as veces non me deixa entrar por problemas coa identidade)
      vostede e mais eu que levamos os cachiños das nosas vidas!
      Pois véñase a wordpress, ou non lle gusta?
      Espero que pronto poida arranxalo que xa teño gana de o ir visitar.

      Gústame

      • Xúntome á columna dos que se preguntaban que pasou co blog de Kaplan (incluso me enfadei un chisco comigo por non terme feito co seu enderezo electrónico), e quedo atónito polo que nos conta. Tamén agardo “velo” axiña polo blogomillo.

        Gústame

  13. Vaia! Eu tamén me preguntaba qué pasaba con Kaplan, co blog de Kaplan.
    Se pasas por aquí e les esto, kaplan, lembra avísame cando esteas operativo ( se non pasa, avísame ti Zeltia, please.

    Bueno, aquel primer bico. Para min foi aos 17 ( imaxina as ganas que tiña!), e con lengua, e me sorprendeu tanto que non souben moi ben se me gustaba ou non. Logo xa lle collín gusto.
    Bonita lembranza.

    Gústame

  14. Bos días amicus:
    Malas son esas noticas,dáme a impresión de que se empezaron a dar conta de que hai moito ceibe pensador e comezou pódaa censora.Quizais argumenten outras razóns para desviar a atención…ou pos tea enriba ou verás emigrar a túa propiedade intelectual cara a caixóns acoirazados.Kaplán síntoo moito, algo non está funcionando ben,algo traman.
    Deica logo amicus.

    Gústame

  15. eu tamén me pregunto moitas veces para extrañeza de que poidera ler isto debido a miña suposta xuventude… Fun eu este? Estiven eu aquí? Tiven 15 anos? Boto de menos ser aquel que moitas veces non lembro ou estou seguro de se fun, porque a memoria é selectiva e incluso cabrona no sentido de que nos fai ver as cousas como igual non foron. Supoño que é un truco da memoria para evitar que moitas veces morramos da pena, nos suicidemos ou vai saber qué… O caso é que che dou a razón, as veces non sei moi ben como cheguei nin se quixen chegar ou quero estar… mais eso é a vida non?

    Unha aperta!

    Gústame

  16. Está un pouco raro o blog… Andiveches movendo… boeno..

    Eu sempre fun moi cuidadoso do meu entorno vital… Nunca me deixei acariñar moito. Bicos, abrazos… nin sequera que se me arrimaran en demasía.. Púñame moi nerviosa, perdía o control e iso era algo que non quería concederme… Tiña moito medo do contacto. Aínda o conservo, o medo digo. Non me gusta que se me arrimen moito… síntome incómoda. É un defecto que teño, sí…

    Gustaríame ter sido una chica máis fácil… Máis experiencias na vida, nesa adolescencia, na que todo se vive tan intensamente.
    Con eso do bico lembráchesme este conto meu:
    http://pitima.blogspot.com/2008/01/el-beso.html

    Bikiños

    Gústame

  17. Ay! se tivera 15 sabendo o que se sabe aos 40!!! jajajaja

    pero so, nalgunhas ocasions, que penso que se se sabe todo, non disfrutarias nada…

    Biquiños a moreas!!!

    Gústame

  18. Lembro unha madrugada de palabras e palabras e palabras. O momento do silencio que se achega. Para demoralo pido “faime un poema!”. Entón o beixo máis tenro escribiuno no meus labios…
    Eu ía facer 40 anos!!!!

    Gústame

  19. Encontrei este vídeo no fb dunha amiga, a letra preciosa, a bailarina unha delicia.
    los dos intuyeron sus ojos cerrados sus bocas pegadas el canso aliento
    fue un beso de esos que cumplen un sueño
    fue un beso de esos que son el primero
    un beso de esos que ponen contento
    los dos se creyeron “in singing in the rain”

    Antonio: “Necesarios” dices. Nada que añadir.

    Harmonía: grazas por palabras tan lindas.

    Semillanegra: lo conseguimos!, si! :)

    Aldabra: non pasa nada por ter a mirada de choiva, nin por levar o vestido longo, nin por sentir nostalxia… impórtame que sinto, que desexo. Non quixera a paz se iso supón unha liña emocional plana.

    Milu: É incríbel como isto é certo: “Siempre tendremos quince años para las caricias, los besos, los abrazos.”

    Chousiña: Alédame tanto ter coincidencias contigo…

    Raúl: no creo que tu primer beso fuese un horror por urgente, por ansioso… sensaciones ésas que hacen sentir intensamente.

    Rubén: “como buscando por dónde se pierden las emociones”. No se pierden… bueno, unas sí, pero hay otras. Siempre la emoción llenando el pecho, la e-moción: lo que nos mueve.

    Xan: ” Non creo que haxa unha idade para os abrazos, nin para namorarse nin para soñar” Eu tampouco o creo. SEI que non.

    Concha: algo reseca sí que se pon unha Concha, por dentro e por fóra; e os prazos hainos -cando a sombra caia- … pero espero que me quede moito por gozar.!

    Susana: cónstame que lle colliches o gusto! ;-)

    Jorge: “a memoria é selectiva e incluso cabrona no sentido de que nos fai ver as cousas como igual non foron”. Concordo.

    Aniña: pois volve!

    ñOCO Le bOLO: engadidos a outros máis, é certo. Menos mal que hai bastantes máis “primeiros bicos”

    Raposo: ogallá sigas sentindo doutros bicos que tamén igual foron un soño…

    Xenevra: pido “faime un poema!”. Entón o beixo máis tenro escribiuno no meus labios… :)
    tardas en vir, pero cando chegas o teu aroma verde impregna todo o meu blog… :)

    Kaplan: espero con ansiedade que se lle solucione o conto do blogue…!

    Pitima: eu tampouco tiven unha adolescencia nin xuventude con moitas experiencias… [agora desésperame un pouco a xente que ten medo´ao contacto; teño exemplos na miña familia: vaslle dar un abrazo e póñense tesos como carabullos.

    Miriam Alonso: y que es éso que encuentras cada agosto? :-)

    Merce: recordáchesme ás velliñas de cando eu era nova ;-)

    Beato Darzádegos: un agradecimento especial polos comentarios que deixaches espallados por tantos sitios. É un gusto ter lectores entregados coma tí…

    Unha aperta agradecida para todos…

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s