cos pés no orballo [1001 amañeceres, VII]

Nas terras do Deza recibin o rompente do sol cos pés no orballo [van 16].
A mañá abriríase morna en canto a brétema abandonou o leito do río desfacendo o seu abrazo íntimo.
[Escoita… bican o ar os asubíos.]
O sol destronou a noite.
[Eu quixera que fose un día eterno no que atopar algo, un camiño que as silveiras aínda non tapiaron.]
presentación de 2:13 con fotos dun amañecer en Silleda, lugares de Dornelas, Cira  e Augacai

Advertisements

22 thoughts on “cos pés no orballo [1001 amañeceres, VII]


  1. · Si está por aquí E. Grieg, para deleitar nuestros oídos con La Mañana, de Peer Gynt… que menos que ponerle esos bellos amaneceres de la tierra de las rosquillas…
    Una delicia

    · bicos

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    Gústame

  2. Os días eternos que ti pides non poden existir. Sería como un orgasmo interminable que non nos permitiría tomar consciencia do disfrute en sí mesmo. Por iso ten que haber noites para que saibamos gozar dos días. E días para saber gozar da escasez de luminosidades.

    (As imaxes son unha virguería. Só lles falta que fosen de Antas para acadar o sublime!)

    Bicos orballados

    Gústame

  3. Algun dia, cando me acoste a unha hora prudente (antes das doce) igual podo vencer as mantas e as sabas que me reteñen na cama e non me deixan erguer, e asi poderei traer un amencer nos meus ollos… :)

    Que fermosura nos tras!!!

    Gústame

  4. Bos días amicus:
    Bos días Zeltia.Foi unha ledicia, era coma sentir que nun momento istaba na Galiza de Maeloc. Agarrei unha cunca de leite e mollei pan, voltei a almorzar; agora parecíame a min estar alí.
    Penso que isto que pos non é gratuíto, parezme a min que é unha metáfora dunha persoa que “volveu nacer”…?
    Ou estou errado ,ou eiquí hai mais miolo do que penso?.
    ¿Seica penso?(algunhas veces penso…logo como).Seica sonche boas as noticias?.
    Zeltia unha aperta longa, un anaco de saúdo…
    Deica logo amicus.

    Gústame

  5. Por un momento pareceume que o teu río era o meu río [son os ríos…] e que o teu orballo era o meu. Tamén eran meus os teus peíños mollados.

    Gústame

  6. A ver por partes..los amaneceres..simbolizan el comienzo, las oportunidades, el renacimiento y nacimento..me encantan, y mira que los atardeceres tienen su aqué,

    el video ideal, que relax..y casualmente escucho un pajarillo chillon en mi terraza, y digo chillon porque es un gorrion que le debe de estar llamando la atención a la gorriona..¿es tiempo de apareamiento?

    tus palabras muy bonitas ( es lo que me ha dicho el traductor).

    buenfinde…de amaneceres..

    Gústame

  7. a estas horas xa estou media dormida, perdoa… o comentario anterior era para o último post, colgueino equivocadamente… síntoo.

    vexo que estás feita toda unha artistaza, que montaxe mais bonito che quedou, as fotos, a música… da gusto velo…

    Dornelas é un nome que ten moita música… “amanece en Dornelas”… é pode pasar calquera cousa.

    biquiños,

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s