quen era o neno das margaritas?

Gústalle ir cedo á clase, poder aparcar con tempo abondo. [Que sorte, un sitio, agora que chove].
Aparcou, baixou do coche, inclinou o corpo sobre os asentos para coller as cousas e pasou:
o coche desprazouse bruscamente, ruidos metálicos, frenazos, cristais rotos. 
Un autobús urbano levara por diante a porta do coche. No sitio exacto onde el debería estar uns segundos despois. Eran case as 8.30.
A esa hora conducía ela Ronda de Outeiro abaixo, sempre tarde, na radio Armand Amar cantaba o poema dos átomos: ouh día, esperta! os átomos bailan, todo o Universo baila. Soou o teléfono. O espanto e o alivio: que podía ter sido outra man a que seleccionase nos contactos o que pon “mamá” . Está vivo, está vivo. E non na UCI coas pernas tronzadas.
E estalou o salouco, non de espanto, non de alivio. Foi o recordo súpeto dunha mao pequeniña ofrecéndolle un ramiño de margaritas. E non saber de certo se esa man fora a del. Imaxinar non poder preguntarlle xamais
– Eras tí o neno do ramiño de margaritas sen rabo?

Campo de margaritas na Coruña, 2010

Advertisements

21 thoughts on “quen era o neno das margaritas?

  1. buf… qué susto!!
    Non me esperaba esto. Conxestionáronseme os ollos e todo…
    Os fillos, se lles quere tanto… que só de pensar que lles poda pasar algo… Que mellor non pensalo.
    O meu home sempre di que non podería superar a perda dun fillo…
    Eu lle digo que hai máis cousas no mundo, máis familia.. amigos, ti… Pero no fondo tamén mo digo a min mesma, para convencerme, e sempre acabo sacudindo a cabeza para espantar tanto horror…
    Un bico. Espero que todo vaia ben.

    Gústame

  2. A lectura fíxome estremecer e provocou certo desacougo… Ai!, menos mal que todo quedou nun susto!! Miramos ao campo das margaridas e respiramos.
    Sorte!!!
    E bicos:)

    Gústame


  3. Xosé: todo quedou nun golpe, un susto como di Xan… é unha maneira de dicilo, que non houbo máis ca danos no coche, é certo.
    Pero houbo moito, moito máis. Fala Chousa de o simple pensamento, si, Chousa, iso é… o simple pensamento produce horror, como di Pitima.

    Hoxe estou coma se me metesen nunha peneira, nun tambor da lavadora. Como se me sacudiran, magullada. Dóeme o corpo, e non é só pola gripe. Estou conmocionada. Cando cheguei onda él e vin o coche como quedara, e preguntei, pero como foi, e dixo, anda mamá, antes de nada, dame un abrazo, e vin nos seus ollos o impacto que lle produciu sentir por primeira vez na súa vida o que é que a morte che roce… entón foi cando eu tomei conciencia verdadeiramente de como estaría sendo ese instante se o azar non levase un segundo de retraso.

    O resto do día foi “normal”, volvín ó traballo, comín cunha amiga, fun a un recital, volvín á casa falando de banalidades, e por dentro, por dentro a axitación, o medo.

    Aínda non lle dei paso a alegría desbordante de sentir que está vivo, ainda estou coa angustia de velo perdido.
    Pero neste momento non me importa nada do resto, nin as miñas carencias persoais, as frustracións, as miserias, o meu non encaixar no voso mundo, [no mundo de todos], que non me queiran, dácheme igual, todo perde importancia.
    Estou esperando que veña a alegría asolagarme a alma. Motivos, teño.

    Mándovos unha aperta grande a vós os catro extensiva a quen se sinta solidarizada/o se le isto. Hoxe síntome chea de amor, xenerosa de amor.

    Harmonía, colouse o teu comentario mentres escribía! moitas gracias

    Gústame

  4. Que alegría que non fose nada; en momento así é cando se debe valorar o máis valioso de canto temos: a vida e aqueles que queremos e que nos queren.
    Felicidades a vde e sobre todo a ese que volveu nacer.

    Gústame

  5. Zeltia, ¡que susto! me alegro que finalmente no pasara nada….no quiero pensar lo que sentiste, por un hijo lo que sea…ahora besos y abrazos a todas horas, yo lo hago, porque como se dice en valenciano “lo que va davant va davant” lo que va delante va delante, es lo que puedas hacer hoy no lo dejes para mañana que no sabes si lo habrá…mil besos y reitero mi alegría…por cierto estoy aprendiendo gallego a la velocidad del rayo

    Gústame

  6. chego un pouquichiño tarde pero chego para darte unha grande aperta e un par de biquiños, e para decirche: “xa está, xa pasou, non foi nada, todo vai ben”.

    vaia susto, muller, que mal ratiño pasáchedes… como che comprendo… porque eu tiven unha chamada así parecida cando foi da morte de Raquel… as amigas da miña filla me chamaron co movil dela para contarme a nova primeiro a mín porque non se atrevían a decirllelo a ela e eu no primeiro que pensei cando oín outra voz que non era a da miña filla foi: “¿qué lle pasou?”

    son uns instantes tremendos.

    a cuidarse moito e o coche xa se amañará, é o de menos.

    biquiños afortunados,

    Gústame

  7. Alédame e síntome contenta coma ti, porque todo fose un medo pequechiño. Faille a pregunta agora, abrazoo moito e sigue recordando as margaritas. Pasan días que non sabemos como chegar os “seus mundos”, convertímonos un pouco como meros visionarios á espera…cando se acercan tocamos o ceo. Un abrazo moi jrande

    Gústame

  8. Ah, como me alegro (de que non fora nada).

    Había un vello que tivera un accidente tremendo.Que non tivera morto, fora un milagro. So magullara unha perna.
    Eu lle dixen:
    -qué sorte tivo, eh!
    I el respostoume:
    -Boa si. Despois da mala sorte, tivena boa.

    Pois iso.

    Gústame

  9. Bos días amicus:
    Chego tarde,xa ou sei,mais chego.As notizas a istas horas xa sonche boas.
    Ou que mais alucínache-me é ou agarimo que ten unha nai cando dei nesas parábolas a todos : ” non lle importa ou seu, nin as suas tibulaciós….”. Ou que fai a forza do carácter.Soo importalle ou seu neno e coma nun arrebato de forza comenza a sentirse chea de amor…
    Ise cheo de amor é ou que me alucina, todo troca 180 graos e ela quen vólveso xenerosa ou dar ou amor a quen nese momento é ou mais débil…
    Isto é ou que en verdade é un misterio dous sentimentos humans, e mais dás nais e dous pais.Boa muller e xenerosa que reparte agarimos a destra e sinistra,a todos sen excepción
    Deica logo amicus.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s