unha pucharca para os narcisos

Non reparara en que os narcisos xa naceran. O ano pasado esquecéronme os bulbos na terra e caladiñamente, entre sol e chuvia, agromaron á vida. Vinos o sábado, desafiantes na maceta, erguéndose cara o ceo no piso noveno, abellando, rebentando de amarelo.

Hoxe, deixa que chova!, [a falta de río terán unha pociña nunha baldosa].

Advertisements

20 thoughts on “unha pucharca para os narcisos

  1. Os do meu xardín están a punto, pero estes días o clima non lle axudou, onte vin un narciso coa flor, quedouse un pouco anano, pero alí estaba coa súa flor malva, el só no medio do xardín.
    Bicos

    Gústame

  2. Das raioliñas do Deza aos narcisos coruñeses, unha conexión razonable…;)) Dá ganas de saír correndo e ir mercar unha macetiña con yelow flowers!

    More flowers, for you:

    Gústame

  3. Harmonía: A conexión haina! XD [reparei que nas túas fotos do post das raiolas, hai narcisos á beira do río!]
    gracias polas flores amarelas, aquí estiven celebrando con Enya tanta fermosura e espero que tamén lle guste as persoas que se pasan a miudo por este blog porque, os pobres, comentades ata o que non ten comentario posible, como é o caso de Xan, Pitima, Chousa, Ana…
    e aí estánRaúl e Lou (Lou: parece que ya es tiempo, si, la naturaleza no se detiene) que nin siquera falan galego, e iso é un esforzo engadido, pero tamén case sempre hai outros que tampouco son galego-falantes por aquí, o que é unha alegría para mín e para o galego!
    Aniña é a primeira vez que vén, pois benvida, xa pasarei ver o teu blog, a ver de que vai.
    E, Dilaida digo eu que se ten unha flor malva non será un narciso… non será un jacinto?
    [non é que eu entenda moito de bulbos…-encántame como soa bulbo]

    Gústame

  4. Aquí este ano (hoxe mesmo aí fóra hai neve nos tellados) non vin narcisos nin tampouco aínda os malmequeres nos xardíns. Só agora é que empezaron as mimosas a lucir, cando xa van declinando noutros lugares.

    Gústame

  5. tamén reparei onte neles, neste caso blanquiños… naceron na horta que hai en frente da miña casa… pero a primaveira todavía vai tardar en vir… fai moito frío e os días aínda siguen grises… ¡pero que gusto da velos!
    biquiños,

    Gústame

  6. Bos días amicus:

    Bos días Zeltia.
    Narcisos, sobervia humildad que revienta el mucílago.
    Cínica apariencia atrapando el sol.
    Reflejo externo de orgullosa belleza…efímera.
    Deica logo.Longa aperta e anaco de saúdo.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s