…ou iso penso. Creo.

Espertei [case as once]
Na fiestra vin que o sol fuxía das nubes enredando na horta, deixando pequenos arcoiris nas pingas do orballo. Volvín para a cama con Lois Pereiro [e o café]. Os paxaros.
Se houbo un tempo no que eu amañecía con este canto, por que só me lembro do frío?
Acubilleime nas floriñas da colcha e a través do libro viaxei polo seu camiño derradeiro. Ou iso penso.

Advertisements

22 thoughts on “…ou iso penso. Creo.

  1. Pero todo cambiou ao caer a tarde dese domingo [pois era domingo, non?]: a choiva lene, a fermosísima luz que se desprende das pedras molladas, o chicolate que non era chicolate e unha radiografía do abismo no abrigo.

    Gústame

  2. Precioso despertar. Qué sensación más hermosa, qué paz desprenden tus palabras. Apetece acurrucarse y contemplar lo que has escrito
    Precioso, Zeltia. Durara lo que durara.

    Un beso

    Gústame

  3. Eu tamen me volveria asi para a cama, ben tapada coa miña mantiña, a ventá aberta e que a luz do dia regara todo o cuarto, escoitar os paxariños e nada mais que deixarme ir…

    Graciñas por regalarme iste pequeno intre que acaba de recargarme!!!

    Biquiños :)

    Gústame

  4. Se cadra disfrutariamos moito máis dos camiños se sempre pensaramos que son os derradeiros… Ou non.

    Hai que vivir o presente. Carpe Diem. Vivilo de verdade, con todos os sentidos, para que logo non teñamos que vivir só coa lembranza do frío…

    Que sempre sexa primaveira na túa colcha…

    ;-)

    Gústame

  5. O importante e a viaxe. Percorrer os poemas e as palabras que outros escriben para nos. Ter sonos e bos despertares, un bon café, e unha mantiña para acubillrse, ¿o non?

    Unha aperta.

    Gústame

  6. En la madurez uno se despierta consigo mismo. Te haces más palpable, más íntimo. En esos albores de frío o de miedo o sin memoria como de niño el yo se quedaba tardío, soñando: No recuerdas nada más porque no había nada más.

    Gústame

  7. Si sólo te acuerdas del frío es porque ahora ya no tienes prisa y, sin prisas, da tiempo a percibir muchas más cosas. El tiempo termina por acabar con aquellas prisas y, ahora, recorremos los caminos en otro sentido, más a lo ancho y menos linealmente. Y, hasta tal vez, los recorramos en otro sentido
    Y es muy bonito lo que escribes.
    Bicos.

    Gústame

  8. Escribir [describir] un momento vivido é como facer unha foto dese instante, deixar unha impronta na memoria.
    Volver a ler, tempo despois, é como abrir o álbum dos recordos e que xurda fresco, sonoro, luminoso, arrecendendo o mesmo aire fresco.

    A lectura destes últimos días, Lois Pereiro, debulladiño o libro “Poesía última de amor e enfermidade” con poemas case todos escritos en tres meses, pouco antes de morte que él coñecía, tamén queda cinguido ás outras vivencias destes días. Ben se ve que me impactou. Eu, sendo Lois Pereiro.

    (Unidireccional, si, e irreversible.
    Ou bidireccional, pero imposible.
    Desde o pasado, cun mísero futuro, no avarento
    presente compartido, vanme construíndo
    un pozo de desexos e soños
    condicionados…
    Son un relato breve. O final está escrito,
    e todo o que vexo está sentenciado
    a sobrevivirme)

    E aparte de gardar eses momentos, é estupendo compartilos con vós.

    Gústame

  9. Non é mala hora para espertar, e quedarse despois na cama co café e un bo libro semella unha opción caralluda.
    Hoxe eu tamén quedei na cama ata cerca das 12, no meu caso cun libro de Manuel Rivas, As chamadas perdidas

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s