madalenas para o ánimo

Onte Dores trouxo madalenas ao obradoiro. De chocolate, de noces. Feitas por ela.
[Madalenas para o ánimo]. Comín a miña mentres Dores recitaba:

“Chegou o paquete por correo urxente e alí facía vinte anos que non vivía ninguén e as rosquillas que iban dentro da caixa secaron coa calor e volvéronse outra vez masa coa auga e a caixa na que iban enrugouse tanto e borróuselle a dirección e o remite que pensei eu que alguén tiña chorado sobre ela sen podela abrir ata deixala así coma se a agardara desde facía moito tempo coma se nela tiveran que vir os cariños dalguén.”
Celso Fernández Sanmartín

Advertisements

24 thoughts on “madalenas para o ánimo

  1. Despois de ler e reler o que escribes hoxe, alégrome moito de que o Falabarato che lanzara esa luva. O que teriamos perdido se non o fixera…
    Esta asociación entre a inxesta de dóces e o benestar lembroume unha anécdota que me tén contado varias veces un amigo. O relato é de cando ía casar e foi facer os cursiños prematrimoniais. Entre o persoal que impartía aquela formación había un matrimonio que lles falaba das súas experiencias de largos anos de vida en común. O que rescata sempre o meu amigo de toda aquela aventura é unha aseveración da que o matrimonio facía uso con frecuencia: “Non hai nada mellor que compartir unhas pastas Reglero para resolver unha discusión entre os cónxuxes”.

    Gústame

  2. Madalenas, chocolate, caramelos… calquer agarimo con dozura é benvido nestas datas nas que a melancolía anda como reina entre nós. Bueno, en calquera tempo ven ben. A ninguén lle amarga un doce, verdade?

    Espero que ese desánimo se che pase pronto.

    Bicos

    Gústame

  3. Estas festas… Se non fora polos nenos, daban gañas de encerrarse na casa e non saír ata que pasase todo. Ou, se se pode, unhas boas vacacións, desconectar…

    Se hai madalenas caseiras, e aderezadas con agarimo nada menos…. pois pode valer, claro que sí. O caso e non deixarse vencer por soidades, reales ou subxectivas. Hai que intentar disfrutar de todo.

    Ánimo!!!

    Felices Festas!!

    Un bico ben doce para ti.

    Gústame

  4. Des-animada? Se tiras o des- ao caldeiro do lixo e te quedas coa madalena, sentiraste máis animada. Por probar… :-))

    Apertas de agarimo atadas cun laciño de ilusión.

    Gústame

  5. Qué bonito!!

    Me gustó leer este paquete que llegó a tu blgo por correo urgente, con la pequeña diferencia que en tu blog siempre estas para todos y todas, viviendo tu día a día, con tus rosquillas, magdalenas y galletas de chocolate o de avena… y en aquella ocasión solo existía el recuerdo y la añoranza.

    Con ciertos ingredientes básicos: de aliento natural, de ánimo batido con cariño, mezclado con la ternura correspondiente, horneando toda esta masa con calor humano y decorandolas posteriormente con pepitas de dulzura, obtendras estas maravillosas magdalenas especiales para el ánimo.

    Un abrazo y que te diviertas mucho.

    Me gustó mucho el párrafo de Celso Fernández Sanmartín.

    Gústame

  6. Madalenas proustianas para que enchan a memria de momentos fermosos, de momentos doces, de momentos eternamente interminábeis. Madalenas de soñs pasados e futuros, de beixos por chegar e xa recibidos, de apertas fondas como o océano.
    Un desexo: que a felicidade brille nos teus ollos!!! E que te acompañen sempre os versos do Celsiño (gran poeta, gran persoa)

    Gústame

  7. Gracias Xan! :D
    e a Oliva pola receta para o ánimo, ó raposo polos bicos, á nena do paraugas [que xa vai polo aninovo], a Manolo sempre tan suxerente, a Xenevra por vir [despois de tanto tempo], a Harmonía polo agarimo con laciño, a Semilla e Alís polo ánimo.

    Cañita Brava, non me tomes o pelo, e levas razón nesa asociación entre a inxesta de dóces e o benestar, como ben se reflexa na anécdota que contas, pero fáltache o ingrediente principal nesa asociación [no meu caso], que é mencionado por Pitima: o agarimo con que foi feito e dado, que é o que lle da [no meu caso] o maior poder curativo.

    Hoxe saen arrecendos das cociñas, preparándo os manxares para a noite en que as protagonistas son as avoas, que pensan: para o ano estarei/non estarei.
    Arrandea a tarde fría, ainda nova, con este soliño que a amorna.
    Eu vou cociñar, para levar a miña aportación á cea de Noite Boa.

    Vou seguir un consello dunha moi boa amiga: deleitarme no bo que teño, que é moito, deixarei un pouco de lado a parte máis descorazonadora da vida, [que existe para todo o mundo]. Pero aínda habendo fantasmas e amenazas, quero ser capaz de sintonizar con outras dimensions máis gratificantes, sabias e xenerosas. Polo menos Hoxe.

    Feliz Noiteboa.

    Gústame

  8. Me ha gustado la entrada y las magdalenas, pero aún me gusta más el consejo de tu amiga. Con tu permiso me lo voy a apropiar, a ver si logramos dejar a un lado todo lo descorazonador, no estaría mal aunque sólo fuese para variar.

    Muchos besicos y Feliz Navidad gallega

    Gústame

  9. He llegado más tarde a reunirme contigo en esta entrada y deseo que no te hayas empachado de dulce pero que ya no esté a tu lado la melancolía.
    Qué choren as madalenas…pero tu no.

    Todo mi cariño

    Gústame

  10. Eyyyy…funciona¡¡¡ es que hace un par de días que intento dejarte un comentario y no había forma….esta vez coló¡ yupi ¡¡¡

    Como no sé si quedó registrada mi felicitación navideña y no me atrevo a cerrar la página para comprobarlo y ariesgarme a que vuelvas a desaparecer, pues me repito por si acaso….
    Zeltia, te deseo unas fiestas maravillosas, llenas de amor, sonrisas y rock & roll :)
    Feliz Navidad¡¡¡

    Te envío besos y abrazos desde el fondo de mi corazón

    Gústame

  11. Non dixera nada no seu momento, [parece] pero todos os vosos bos desexoss foron lidos e correspondids! (Carol, Kaplan, Rubén, Milu, Aldabra, Oliva, Ñoco, Tonet y Marcelo) Xenevra eu por aquí andarei, o meu blog ten boa saúde e, se a teño eu tamén, por aquí estaremos os dous, asi que pasas cando teñas tempo e gana, que sempre me gusta ver o teu nome.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s