blackberry

fotografía da galería de jorge trasmonte en flickr

no meu iogur de amoras
achei unha
—————–das que tí colliches, meu amor,
 

[de pequeno, nas silveiras].

 

para tí, polo acaso, porque si.


Onte díxenche que che ía dedicar este post. Leva a dedicatoria que me puxo a min pedro, porque me gustou moito.[espero que tamén se che poña a pel de ourizo]

25 opinións sobre “blackberry

  1. non puiden evitar recordar esto que escribín fai tempo e que forma parte dun relato que se chama “O mal das mareas”… si tes curiosidade che digo onde está.

    E foi así, a poucos. Congo meteuse por baixo da miña pel ata os miolos. Non sei cando souben que non ía poder esquecelo xamais. Tal vez foi aquela tarde que fumos coller amoras. A espiña dunha silva cravóuseme nun dedo. Un regueiro de sangue manchoume a roupa, ó orgullo. Congo agarroume a man con forza e levou meu dedo á súa boca, chupou nel ata que non saíu nin unha gotiña da miña sangue de nena.

    Congo
    mouro
    fero
    neno.

    é bonito o que escribiches, pensar que unha desas amoras era a que él collera.

    biquiños,

    Gústame

    • a min pareceume bonito sentilo. [pero non tiña que escribir dedicatoria, nin contarllo a él. Así tería un significado claro só para mín, sería un post agochado na néboa das metáforas, sendo eu a única lectora que de verdade entende o que escribo].

      bonito sí que é o que a tí che pasou con Congo.

      Gústame

  2. E que ademais a imaxe faise tentadora, e que non teño a man un iogurt de amoras porque agora mesmiño comeriao nun pis pas, esa foto ten sabor…

    …e a dedicatoria sabor e color :)

    Biquiños!!!

    Gústame

  3. Es una fotografía muy imaginativa: una pequeña mora entre el yoguort que reposa sobre una cucharilla de café, como un pequeño corazón entre el vaivén del enamoramiento y la pasión… no, de veras me gustan tus palabras y la fotografía.

    Pasé por el blog de tu amigo, muy bueno.

    Un saludo.

    Gústame

  4. Ai, o que mais me gustou é o de pel de ourizo, qué gráfico. Pel de ourizo.
    Unha vez presenciei a cópula de dous ourizos, te lo juro, inolvidable momento! Yo allí mirando y ellos a lo suyo, despacito -inmóbiles-, con los pinchos replegados, coa cariña inexpresiva o un enriba do outro.
    En fin.

    Gústame

  5. Ahora mismo estoy con un té, pero en cuanto lo termine me voy a por un yogurt de frutas del bosque. Aún sin proponértelo eres de un sugerente que te lo pisas.

    No sé que me gusta más, si la dedicatoria o el título.

    besicos

    Gústame

  6. Pois tamén me confundiche co título, que pensei que isto ía de teléfonos.
    Da entrada non entendo moito, pásame con ela como con algunhas pinturas: que non entendo, pero que me gustan, provócame pracer mirar.

    Bicos

    Gústame

    • e que está escrito en clave íntima. para “entender” fai falla ter “a chave” que abre o texto. pero, como ti dís, cada un igualmente ve ou sinte facendo a súa propia lectura.
      Grazas por pasarte polo meu blog, Alis, Carol, Harmonía, Milú, Raúl, Maribel, Merce, Oliva, Xan, Ana, Raposo, Rubén, Susana, Tonet, Setesoles… todos os que compartides, todos

      A verdade e que quería desactivar os mensaxes para este post, porque comprendo que é demasiado persoal, pero parece que non se pode individualmente,
      que se desactivas van todos no lote e iso non quería, porque gústame esta interrelación que temos.
      :-)

      Gústame

  7. Esas “amoras” llaman a estas moras. Unos versos de Agustín García Calvo.

    Besos

    Las moras negras

    Creí que buscaba
    las moras negras,
    y encontré la rosa de zarza.

    Creí que cogía
    la rosa blanca,
    y se hincó la espina en mis venas.

    Creí que saldría
    clavel caliente,
    y brotó un arroyo de leche.

    Creí que el arroyo
    se hundía en tierra,
    y fluyó al Océano verde.

    Creí que era aquello
    el verde Océano,
    y era el río eterno de estrellas.

    Creí que hallaría,
    cruzando el cielo,
    al Señor del todo y la nada.

    Y sólo encontré
    puñado de moras
    que de amor en mi mano sangraban.

    Gústame

Deixar un comentario