memorias

Fíxenlle unha ponte colgante para os meus defuntiños, os antepasados. Virían mirar estrañados, verían aquela casa, naquel sitio, iluminada no medio da noite, chea de xente leda, as xanelas abafadas por alento de vivos, o fume da cheminea bailando coa chuvia. Axexando dende a escuridade tremerían canda nós escoitando os contos de Cando petan na porta pola noite, con máis medo ca O Fornadas.

[non hai trebón que arrede aos amigos nin friaxe que se lle arrepoña á queimada].

 

A fotografía é da exposición Ao pé do lar: memorias de cociña.
Maribel Ruiz Erenchun é a autora
.
 
 
 Anotacións para non esquecer: A caloriña do lume. As castañas asadas. O cheiro a humidade do monte enchoupado. Aquel curruncho ateigado de amarelo.

Advertisements

18 thoughts on “memorias

  1. Precioso y sentido texto en la noche más “peligrosa” del año según las leyendas celtas. Noche de Samaín, puerta abierta entre los dos mundos.

    Un beso, zeltia
    PD. La imagen que ilustra tu texto me hace sentir un poquito más en casa.

    Gústame

  2. Sabes que facía o meu avó paterno co ferro da cociña? Collíao e metíao polo lombo abaixo para rascarse con el. Moitas veces me vén á cabeza ese xesto.

    Gústame

  3. Chamábanlles cociñas “económicas”. Debía ser por nutrirse de rachos mais pequenos que a lareira. Ou tamén por aquelo de que á vez que eran mesa, estufa e lugar onde cociñar.

    Chámense como queiran, son un bo lugar arredor do que tender pontes de sorrisos e contos . E tamén de dar conta dunha boa cea!.

    Bicos coa sua néboa propia

    Gústame

  4. Cantos gratos recordos me trae a imaxe da cociña “económica”!! Era o centro da casa, arredor do caloriño, convivencia de tres ou máis xeracións. A min gustábame moito abrir a porta (coma a moza da foto), soplar e observar como ardían e avivaban as brasas, ata que a miña avoa me reprendía porque comezaba a saír fume. Conversas, contos e risas durante horas; sobre todo, nestas tarde-noites de outono e inverno.
    Grazas por traernos os arrecendos a leña queimada e os ecos da alegría que se respiraba naqueles lares.

    Gústame

  5. Da ganiñas de quedarse a xantar, comer castañas e mesmo tomar unha queimada. Xa podes invitar de cando en vez, eu comprométome a meter a liña na cociña. Biquiños

    Gústame

  6. Creo que son días cálidos porque pensamos neles máis que noutras datas do ano; o Nadal co seu rebulizo é para os nenos, pero os primeiros de Novembro son para dos mortiños familiares. Estou con vde.
    Ande, anímese a ver o vídeo: nunca se me ocorrería poñer nada que manque sen avisar antes.

    Gústame

  7. A carón das cociñas de ferro espántanse moitas meigas e trasnos e invócanse moitas historias de persoas que siguen presentes na lembranza.

    Cando meu pai decidiu mudar a planta baixa da súa casa, hai poucos anos, encomendoume a min a reforma. Só me puxo unha condición: que lle colocase deixase a cociña de ferro.

    Bonito texto e sentida homenaxe.

    Bicos.

    Gústame

  8. Deberíamos celebrar ao lembrar ós nosos difuntos. Lembrar a quen queremos ou quixemos debería ser sempre motivo de ledicia.

    Rompo o silencio. Xa iba sendo hora.
    E aínda que che respondín no meu blog, por si acaso repítoo aquí: moitas grazas. Emocionoume o teu detalle.

    Bicos

    Gústame

  9. ¿Quién se atreve a asegurar que eso es peor que la anglosajona “noche de Halloween”? Yo desde luego no. Es mucho más cálida, más cercana, Halloween es más fría. Nuestras tradiciones, por mucho que le pese a algunos, no desaparecen. En el peor de los casos está agazapada, esperando su momento de resurgir.
    Lo que más me gusta de las tradiciones es que se usa el material de la zona, lo que se tiene a mano (sobre todo los productos que da la tierra en esas fechas) y por eso está indisolublemente unida a su zona, y no es exportable. Además, con el paso de los años y los siglos, se ha ido adaptando al carácter de la gente formando un todo único.
    ¡Uy, me ha salido un comentario de etnografía apócrifa jejeje!
    Besos desde esta república, que también tiene sus tradiciones, por desgracia cada día más agazapadas. Pero volverán, volverán.

    Gústame

  10. E que rico sabia todo na cociña de ferro…

    Acordome especialmente dunha na que disfrutei moito, alá nunha aldeiña cerquiña de Chantada, onde quedaron moi bos recordos ao carón dela, recordos dunha xente maravillosa que xa non está… (nostalxia) :)

    Que mellor forma de celebrar a noite de defuntos que cerca dos amigos deixando baixar pola gorxa ese brebaxe maxico que levanta o espiritu? aahhhh querida Zeltia que bó e o noso!!!

    ;)

    Gústame

  11. Parece que a foto da cociña “económica” vos trouxo á maioría lembranzas de momentos entrañables.
    Eu jerra ao jalogüin.
    Reivindico as castañas asadas, os buñuelos, e ata os panellets cataláns!
    facerlle colares de castañas para a rapazada,
    o viño novo (ainda que para min mellor algún máis fortiño),
    contos de difuntos,
    lume
    e queimada!

    E agora
    – darlle a benvida ao blog a Alice [vellas coñecidas, pero agora que estamos presentadas xa podemos falarmos] :D
    e tamén a Javier Vicente Álvarez

    – agradecervos aos que adoitades pasarvos a comentar algo case sempre, a vosa fidelidade!

    – aclarar que a da foto non son eu [q houbo quen o pensou]

    Gústame

  12. Me gusta los de tenderle un puente a los difuntos propios. Aunque tardaré en animarme a hacerlo, de momento para el próximo 1 de noviembre me apunto a la queimada, pero sin moderación, hasta que me tumbe.

    Besicos

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s