coidado co tangaraño!

Trasnos, escoitade: prometo non facervos sentir envexa. Veña, ide dar unha volta! Deixádeme botar unha baila co vento este outono. Que poida vestirme de ocres e vermellos. Levar pendentes de ámbar. Sentarme á beira do lume a comer castañas. Escorregar a mirada polas fragas de cores. Estomballarme nun leito de follas.


Eduardo Blanco Mendizábal, é autor da foto.

Sinto nostalxia destes días cumprir o meu sono de andar polos camiños no medio das faias da  Selva de Irati en outono… e xa non vai poder ser. Outro desexo replegado, agardando no banquiño. [Escoitoume o tangaraño dicir que me sentía feliz]

Advertisements

35 thoughts on “coidado co tangaraño!

  1. Tangaraño! Non sabía desa palabra, é un trasno, un trasno xoguetón que che fastidiou a viaxe. De seguro che dará outra cousiña.
    A foto é preciosa.

    (tamén me gusta a verba “estomballarse”, e o feito en sí)

    Gústame

  2. Pois sí que pintaba ben esa viaxe… Síntoo

    Eu tamén teño gañas de magosto… ¿De estomballarme? aissss, xa quixera eu estomballarme de calquera maneira…

    Tamén teño moitas moitas gañas de abrazar o meu reisiño, con todo o corpo, sen balóns de baloncesto polo medio… jajaja. O Druida xa se me pon de lado e parece que arreglamos, pero…..

    Pero é igual…. sintámonos felices só por fastidiar, ¡qué carallo!

    Gústame

  3. Yo tampoco conocía la palabra. Pero trabajo debe tener un montón el trasgo ese, porque planes inconclusos,…la vida entera es un plan incierto.

    Estar preparado para que los planes no se puedan convertir en ralidades, y no tener demasiadas expectativas sobre los mismos para no quedar defraudado. ¡Qué difícil!.

    Gústame

    • pois os trasnos que desbaratan os plans non son moi perigosos, ti ten tino co tangaraño!
      e come castañas muller, que comer é un placer! se che fan mal non, eh; pero se é polas tallas… que lle dean!

      Gústame

  4. As veces un leva tranzando plans durante un tempiño e non se sabe moi ben polo que esnaquizanse en cuestion de minutos… que rabia!!!

    Ese taller entre as faias (hayas, non si?) seguro que era toda unha virgueria, eu tamen soño con algo asi…

    Ainda quedan os magnificos recursos que nos agasalla a nosa terra, unhs castiñeiros que doran as suas follas e relucen coma ouro puro entre os raiños do sol de finais de outono… unha verdadeira beleza ao pé do Mosteiro de Santa Cristina en Parada do Sil, ou polas rutas a pé dende o Monasterio de San Esteban… igual xa os coñeces, pero e que eu non me canso de velos. :)

    Bicos, moitos :)

    Gústame

  5. Haberá outras viaxes(ata imaxinarias) para levarte da man a rincóns que solo ti poderás ver. Queda todo o tempo do mundo!!. A foto é preciosa, que cores. Biquiños

    Gústame

  6. castrapeando…

    As mellores faias están equí, na Reserva do Saja. Góstame moito istar dentro delas, entre as bermellas e ocres follas, sintendo o vento do outono, e sentir os ríos cantando entre as pedras.
    Non chores por Irati. Isto es menos lonxe.

    bicos

    CR & LMA
    ________________________________

    Gústame

    • primeiro que nada agradecerche o esforzo de falares en galego!, vas aprendendo moitísimo, melloraches últimamente, ogallá o falaran coma tí algúns galegos!

      Mirarei dese sitio que me dis, a Reserva do Saja. Disculpa a miña ignorancia nos tesouros paisaxísticos que teño preto!

      Gústame

  7. La vida es ver volver no sólo en la naturaleza
    Y estamos a tiempo de no cometer más errores
    Yo tenía los retratos de mi madre en la cómoda
    Y el tiempo los iba llevando para atrás muy atrás
    Ahora la tengo encendida en la cómoda
    Hermosa en la pared
    Cercana en el vaivén de mis bolsillos
    Si somos el pedazo suyo
    que tanto buscábamos
    No se merece su vivo recuerdo
    si realmente morirá con nosotros?

    Gústame

  8. Este neno está entangarañado, que cativiño é! Eu oíalle esas cousas aos maiores e imaxinaba que o tangaraño era un demo fillodeputa ata a médula, non o trasniño travieso que deixa a Zeltia sen a súa ansiada viaxe á selva navarra. Mellor así.

    Gústame

    • bueno, eu escoitei que o tangaraño é un trasno maligno, que atrae males e enfermidades, desas difusas, crónicas e tocapelotas. Os nenos que tiñan o tangaraño non medraban. Grazas ao tangaraño non lle faltou nunca traballo á Virxe do Corpiño! (non sei se ir eu alá)

      Gústame

  9. Cando o sitio o merece (e polo que dis, parece que si), e nos leva ansia (vexo que tamén); artellarase o xeito de iniciar a viaxe noutra ocasión.
    E mentras tanto seguriá habendo tangaraños (bós tamén os hai) que estraguen plans, pero míralle o lado positivo: aínda che queda por descubrir!

    Bicos

    Gústame

    • ai, chousiña, será por sitios por descubrir!
      pero tes razón: xa haberá ocasión, e se non a hai… que sexa por estar noutro sitio mellor ainda! :)

      (e o tangaraño nunca bo se ha volver, eh? hai outros trasnos inofensivos, pero non éste)

      Gústame

  10. A imaxe é espectacular, das que atrapan e te fan soñar ou imaxinar mil historias marabillosas.
    Coñecín a Selva de Irati en agosto de 2006, cando nos titulares de prensa, día tras día, desgraciadamente, liamos: “Galicia en llamas” ou “Galicia arde”.
    Zeltia, esperemos que a próxima vez que fagas plans tropeces cun trasno boíño e teñas outra oportunidade para visitar Navarra, ben vale a pena!

    (Tangaraños?, descoñecía a súa existencia).

    Gústame

    • Grazas pola túa visita, que espero non sexa a última. Vexo que tí estiveches xa… eu quería ir no outono, mira tí,
      creo que estou enfeitizada por imaxes coma as da foto,
      na búsqueda da mirada abraiante,
      do pestanexo incríbel,
      da borracheira de beleza,
      do instante máxico,
      do síndrome de stendhal.

      Gústame

  11. O outono ten esa luz e esas cores máxicas que non é estrano que ata os trasnos sintan envexa e tenten escarallarnos os plans. Rebélate e dalle unhas labazadas a eses diaños.
    A foto é preciosa.

    Gústame

  12. vaites! Estes ano levo eu ben chea de castañas… (con ou sen trasno). Xa sabes que todos os seres ivos gardan en si mesmos parte da materia elemental que todos compartimos (polo que, diremos que trasno ía con elas).

    Apertiñas Zeltia!!

    Gústame

  13. Preciosa la fotografía ! los tonos otoñales me encantan parecen que nos acaricien.

    Seguro que tendrás más oportunidades para ir,seguro que cerca de casa tienes lugares preciosos,disfrútalos !

    Un Saúdo afectuoso!

    Gústame

  14. Sempre tiven ganas de ir a Irati, ao faiedo, e por unhas e outras cousas (divorcio incluído) vai quedando. ESpero que antes de morrer poida dar esa longa camiñada entre carballos e faias, sexa outono ou non.
    (Xuraría que xa puxera un comentario neste mesmo post de Irati, pero non me atopo)

    Gústame

  15. Se a foto é fermosa, non o son menos as palabras que a percorren facendo realidade nos nosos beizos o teu soño de vivir faias e deixármonos envolver polo seu vermello neste tempo en que a natureza pinta os nosos ollos.
    Un biquecho

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s